Saltar

Momentos de celebración: lecer no fogar por menos

Tes as túas persoas máis achegadas e un motivo para celebrar (aínda que iso nin sequera é obrigatorio!). Agora, só queda comezar coa festa. Velaquí tes algúns xeitos de crear momentos memorables para os teus seres queridos sen que che doia demasiado o peto.

Comedor en branco e negro cuberto con cadeiras STEFAN negro-marrón e tallos MARIUS arredor de dúas mesas MELLTORP brancas.
Comedor en branco e negro cuberto con cadeiras STEFAN negro-marrón e tallos MARIUS arredor de dúas mesas MELLTORP brancas.

Consello 1: considera a opción dun menú vexetal

Se cociñas para un grupo de amigos esfameados, que o prato principal estea maiormente composto pola carne picada vexetal VÄRLDSKLOK é unha aposta segura para facer a boca auga, pois tanto podes facer hamburguesas e albóndegas vexetais, como boloñesa ou tacos. VÄRLDSKLOK ten un sabor semellante á carne, mais está feito de proteína vexetal, o que quere dicir que estarás a facer unha escolla máis sostible, ademais de deliciosa e económica!

Velaquí a receita de boloñesa VÄRLDSKLOK completa
Mesado cheo de ingredientes no medio da preparación dun prato, un pano de cociña RINNIG e unha bolsa de carne picada vexetal VÄRLDSKLOK.
Velaquí a receita de boloñesa VÄRLDSKLOK completa

Consello 2: emprega pratos sinxelos como base

Coa vaixela branca sinxela e a cristalaría transparente quedarás ben en calquera ocasión. Ademais, permiten empratar de distintos xeitos con facilidade, polo que a mesa dará unha impresión distinta de cada vez. Neste caso particular, combinan á perfección co atractivo mantel branco e negro, así como cos cubertos e accesorios vintage colocados enriba.

Velaquí todos os pratos
Sección dunha mesa cuberta para a celebración, con pratos OFTAST brancos, copas de viño POKAL e cubertos UPPHÖJD en beixe.
Velaquí todos os pratos

Consello 3: busca inspiración na natureza

As flores naturais do florista poden custar o seu, mais esa non é a única maneira engalar a mesa un chisco con beleza natural. Un par de pólas ou flores do xardín quedarán igual de lindas, o mesmo que as herbas secas, piñas ou calquera cousa que encontres polo camiño no teu paseo da tarde.

Velaquí todas as lámpadas de teito
Comedor cuberto con cadeiras STEFAN negro-marrón arredor de dúas mesas MELLTORP brancas. Enriba hai unhas lámpadas de teito SKURUP negras penduradas.
Lámpada de teito SKURUP negra pendurada con follas secas suspendidas a xeito de decoración por riba e polos lados.
Recuncho dunha mesa cuberta con pratos OFTAST brancos e cubertos UPPHÖJD en beixe. Debaixo, pódese ver un tallo MARIUS branco.
Mesado cunha botella transparente con tapón IKEA 365+, cubertos recollidos nun bote de vidro e dúas flores nun floreiro.
Candeas e panos dentro dunha caixa de piñeiro KNAGGLIG sobre o chan de madeira escura, a carón dunha caixa KNAGGLIG máis grande con botellas.
Velaquí todas as lámpadas de teito

Consello 4: aproveita ao máximo o teu espazo

Mesmo un comedor pequechiño pode acomodar un grupo grande de seres queridos... Todo o que precisas é planificar un chisco con antelación. Unha pía destes tallos e a mesa que agarda na parede non ocupan case espazo e permitirán acomodar máis convidados se for preciso.

Velaquí todos os tallos
Tallos MARIUS brancos encastelados a carón dunha parede de azulexos brancos nunha cociña en branco e negro.
Elementos decorativos artísticos e mesa auxiliar enriba de estantes para cadros nunha parede branca. As patas da mesa están enriba dun portarrolos de cociña HULTARP negro.
Velaquí todos os tallos

Xentiña, poñédevos cómodos!

Con este xogo de básicos para a mesa o único que che falta engadir será a túa deliciosa comida e unha boa compaña.

Velaquí toda a cristalaría e xerras
Velaquí toda a cristalaría e xerras