Saltar

Celebra con estilo primaveral

Por fin chegou o gran día. Saca todos os teus favoritos; pratos, louza, cristalaría e moito máis para un día de celebración ao sol. Fai que sexa inesquecible con detalles rústicos e románticos que lles gustarán a todos os teus convidados, ata aos máis pequenos, e seguro que darán lugar a moitos selfis.

Unha festa ao aire libre con mesas con manteis GULLMAJ, pratos UPPLAGA, vasos DYRGRIP e cubertos UPPHÖJD.
Unha festa ao aire libre con mesas con manteis GULLMAJ, pratos UPPLAGA, vasos DYRGRIP e cubertos UPPHÖJD.

Opta pola sinxeleza e a elegancia

Cando poñas a mesa, opta pola sinxeleza e a elegancia. Os pratos UPPLAGA e os cubertos UPPHÖDJ teñen un aspecto clásico e serven para calquera ocasión. Elixe un esquema de cores suaves para centrar a atención na comida e nos convidados.

Velaquí todas as vaixelas
Mantel GULLMAJ, vasos DYRGRIP, pratos UPPLAGA e conxuntos de cubertos UPPHÖJD sobre unha mesa para unha festa no exterior.
Velaquí todas as vaixelas

Bebidas para todo o mundo

Se hai calor, é importante hidratarse. Coloca xerras con bebidas refrescantes sobre a mesa para os convidados de todas as idades. A limoada, a auga ou outras bebidas poden saciar a sede de todo o mundo, en especial cando están a gozar dun día ao sol.

Velaquí todas as xerras
Xerra TILLBRINGARE e outra SÄLLSKAPLIG cheas de bebidas frías e refrescantes sobre unha mesa nunha festa no exterior.
Velaquí todas as xerras

Non esquezas aos nenos

Os nenos tamén queren gozar da festa. Crea zonas para os nenos con tapetes que sexan rolos para colorear e lapis de cera para que poidan divertirse e deixar voar a imaxinación.

Velaquí todos os artigos de arte e manualidades para nenos
Dous servizos para nenos con lapis de cera MÅLA e un rolo para colorear JÄTTELIK como tapetes nunha festa no exterior.
Velaquí todos os artigos de arte e manualidades para nenos

Crea ambiente con cores

A iluminación para exteriores pode axudar a crear un ambiente acolledor para unha celebración en exteriores. As cadeas de luz de cores enriba das mesas ou nos marcos das portas poden darlle un toque divertido e fantasioso á túa festa.

Unha colorada cadea de luces SOLVINDEN LED pendura sobre unha mesa con comida e bebidas nunha voda no exterior.

Decora con flores

Engade detalles que reflictan a tempada. Enche cuncos de cristal con auga, follas e flores para decorar a mesa nunha festa ao aire libre.

Velaquí todos os floreiros e cuncos
As flores flotan nun cunco BERÄKNA cheo de auga sobre unha mesa con vasos SVALKA e bandexas para servir KVITTERA con alturas.
Velaquí todos os floreiros e cuncos

Un toque romántico

Non esquezas os pequenos detalles, como as decoracións das cadeiras. Atar ramiños de flores e follas artificiais con fita ou cordel dálles un toque romántico.

Velaquí todas as plantas e flores artificiais
Ramiños de follas e flores SMYCKYA atadas con fitas beixes decoran cadeiras ÄPPLARÖ pregables nunha festa no exterior.
Velaquí todas as plantas e flores artificiais

Crea un entorno rústico para os selfis

As ramas de flores artificiais SMYCKA enmarcan unha fiestra e ofrecen un fondo romántico e rústico, perfecto para facer selfis para Instagram.

Velaquí todas as plantas e flores artificiais
Ramas de flores artificiais SMYCKA enmarcan a porta dun celeiro e os fardos de feo úsanse como asentos con coxíns con fundas SANELA.
Velaquí todas as plantas e flores artificiais