Saltar

Guía de coitelos: elixe o coitelo perfecto para os labores de cociña

Tanto os cociñeiros afeccionados como os xefes de cociña saben que o coitelo é, case con total seguridade, o utensilio máis usado (e importante) da cociña. Nesta guía, falaremos dos diferentes tipos de coitelos que existen e para que serven. Desta maneira, sempre terás o coitelo que necesitas.

Un coitelo de chef VARDAGEN e un coitelo para pelar VÖRDA nunha táboa de cortar APTITLIG de bambú, con varios cogomelos ao lado.
Un coitelo de chef VARDAGEN e un coitelo para pelar VÖRDA nunha táboa de cortar APTITLIG de bambú, con varios cogomelos ao lado.

Coitelo de chef

O coitelo de chef é a estrela dos utensilios de cociña. Deseñado como utensilio multiúsos, co coitelo de chef poderás cortar carnes e tubérculos grandes, aínda que tamén che permite cortar froitas e picar herbas aromáticas.

Velaquí todos os coitelos de chef
Un coitelo de chef IKEA 365+ de aceiro inoxidable sobre unha táboa de cortar de madeira con varios froitos secos parcialmente picados
Velaquí todos os coitelos de chef

Coitelo multiúsos

O coitelo multiúsos é lixeiramente máis pequeno có de chef, aínda que igualmente versátil. É un compañeiro moi práctico para case calquera cousa, como froita, verdura, queixos, etc.

Velaquí todos os coitelos multiúsos
Un coitelo multiúsos VÖRDA colocado sobre unha táboa de cortar ARTISTISK de carballo con varias verduras, algunha delas cortadas.
Velaquí todos os coitelos multiúsos

Coitelo de pan

O coitelo de pan está deseñado para cortar facilmente calquera tipo de pan e tamén verduras brandas. O gume en forma de serra permite cortar limpamente desde tomates ata as codias máis duras.

Velaquí todos os coitelos
Un coitelo de pan IKEA 365+ de aceiro inoxidable sobre unha táboa de cortar de madeira ao lado duns anacos de pan.
Velaquí todos os coitelos

Coitelo de pelar

O coitelo de pelar é máis áxil cós coitelos longos e, precisamente por iso, é ideal para traballos que requiren maior nivel de detalle, como limpar e pelar froitas e verduras. Este coitelo pequeno e lixeiro convértese case nunha extensión da túa man cando o usas.

Velaquí todos os coitelos de pelar
Un coitelo de chef VARDAGEN sobre unha táboa de cortar LEGITIM branca con cenorias e tomates de diferentes cores.
Velaquí todos os coitelos de pelar

Coitelo para verduras

O coitelo para verduras utilízase especialmente para picar e cortar en faixas todo tipo de verduras. O gume máis amplo dálle maior estabilidade. O gume ten un deseño especial con dentes que permite o aire chegar á superficie de corte, de maneira que o alimento que se corta non queda pegado a el.

Velaquí todos os coitelos de verduras
Un coitelo de verduras IKEA 365+ de aceiro inoxidable sobre unha táboa de cortar de madeira ao lado duns tomates enriba dun pano de cociña.
Velaquí todos os coitelos de verduras

Coitelos e utensilios de cociña especiais

Cos utensilios axeitados, cociñar é máis divertido. Os coitelos de carniceiro son ideais para cortar ingredientes grandes, crus e duros; os coitelos de trinchar permiten cortar a carne ou as verduras asadas en anacos finos e gorentosos, e os coitelos de agarre fácil e punta arredondada son a mellor opción para os cociñeiros e as cociñeiras que aínda están aprendendo.

Velaquí todos os coitelos
Velaquí todos os coitelos