Saltar

Unha gran mesa de cociña é o verdadeiro corazón do teu fogar

Reúne os teus seres queridos: a ampla mesa BERGSHYTTAN ten sitio para todo o mundo. Esta distribución dos asentos, cun banco a xogo nun lado e cadeiras no outro, é perfecta para as ceas familiares diarias e as festas máis divertidas. A chapa de bidueiro de cor clara, combinada con detalles de cores, dálle un aspecto fastoso e dinámico á zona de comedor, para que desexes volver a casa cada día.

Un comedor luminoso cunha mesa BERGSHYTTAN cun banco de chapa de bidueiro nun lado e cadeiras de cores no outro.

Unha mesa para moito máis que comer

A ampla mesa BERGSHYTTAN será o teu lugar preferido para todo tipo de actividades que van alén da comida. É perfecta para pasar o tempo cos amigos, parolar con outros membros da familia, planificar as saídas da fin de semana, xogar a xogos de mesa, facer deberes ou buscar gorentosas receitas. Sodes moi creativos? Unha mesa grande é perfecta para case calquera proxecto de manualidades. E se todo isto acontece á vez, o banco é resistente abondo para que ninguén quede fóra.

Unha persoa sentada nun banco BERGSHYTTAN canda unha mesa BERGSHYTTAN colocada a carón dunha parede chea de cadros.
Un banco BERGSHYTTAN de chapa de bidueiro en cor clara canda unha mesa BERGSHYTTAN grande da mesma cor e estilo.

Armarios de comedor expertos en vida familiar

Converte o caos en creatividade con EKET, unha serie de pequenos armarios de almacenaxe que se esforzan tanto coma ti. Son perfectos para gardar documentos, libros escolares e todas esas cousas que precisas para o teu próximo proxecto de manualidades, xusto a carón da mesa do comedor. Escolle andeis abertos para telo todo á man ou opta por portas de apertura a presión para agochar as cousas que non queiras ter á vista. É a forma perfecta de manter a orde sen renunciar a ter preto aquelas cousas inspiradoras. Para as tarefas que requiran concentración, é boa idea ter unha luz dirixida. O brazo e a cabeza da lámpada de traballo TERTIAL, un dos nosos produtos máis populares desde hai tempo, son axustables, polo que poderás dirixir a luz cara onde queiras. Ao rematar, abonda que volver a colocar as cousas no seu sitio e apartar o brazo da lámpada.

Varios armarios EKET brancos montados nunha parede branca detrás dunha mesa BERGSHYTTAN. Hai algunhas cousas colocadas nos andeis.
Dúas lámpadas de traballo TERTIAL en gris escuro fixadas a unha parede con cadros iluminan unha mesa BERGSHYTTAN.

Vai ao seguro con armarios con portas de vidro

Opta por librarías para manter o estilo aberto e organizado do teu espazo. As portas de vidro permítenche ver facilmente o que necesitas, sexan documentos ou material para facer manualidades, e manteñen o po lonxe. Estas librarías BILLY quedan moi ben a carón da mesa do comedor e ofrecen moito espazo de almacenaxe práctico e con estilo.

Librarías BILLY brancas con portas de vidro situadas á beira dunha mesa; nos seus andeis hai arquivadores, caixas, copas e cuncas.

Hora de sentar a comer

Non esquezamos o obxectivo principal das grandes mesas de cociña: comer ben na mellor compañía. E aínda que se trate dunha comida informal, os momentos serán máis especiais se temos a louza axeitada. A louza GODMIDDAG e as pratas VITBLECKA pódense meter no microondas e na lavalouza, polo que podes requentar as varreduras sen cambiar os pratos e metelo todo na lavalouza ao acabar. Os resistentes vasos POKAL, ideais para bebidas frías e quentes, tamén se poden meter na lavalouza. Esta comodidade diaria deixar tempo para saborear o momento, botar unhas gargalladas ou compartir o último anaco da sobremesa. Bo proveito!

Dúas persoas sentadas nunha mesa de comedor comen en pratos GODMIDDAG brancos e beben auga de vasos POKAL.
Un vaso POKAL con auga e unha roda de limón sobre unha mesa na que se colocaron pratos brancos e unha fonte para servir VITBLECKA.

Senta e goza dos momentos importantes

Coa mesa e o banco BERGSHYTTAN terán un xogo de comedor con espazo para moitas persoas a un prezo económico. O acabado duradeiro de madeira en chapa de bidueiro, combinado coas cadeiras en divertidas cores, crea un estilo cálido e cheo de enerxía. Así que reláxate e acomódate nunha mesa onde se comparten historias, se viven momentos inesquecibles e na que sempre hai espazo para repetir.

Vista superior dunha mesa BERGSHYTTAN en chapa de bidueiro con varias persoas a comer de pratos GODMIDDAG brancos.