Saltar

Un comedor para ti, en marrón avermellado, carballo e azul

Imaxina o teu recanto favorito... e faino realidade! Este comedor leva o teu nome, dende a elección do taboleiro ata as patas das cadeiras da serie SKÅLSTA (e todo a un prezo moi accesible). O sistema de almacenaxe de parede, creado con armarios de cociña, é unha solución fantástica para acabar coa desorde e, ademais, queda xenial. Combínao todo como queiras sen necesitar un máster en deseño!
Un cuarto con grandes fiestras, unha mesa de comedor SKÅLSTA con patas en forma de X e catro cadeiras en chapa de carballo con patas en negro-gris.

Mestura, combina e déixate namorar por SKÅLSTA

Aínda non atopaches o xogo de comedor perfecto para ti? SKÅLSTA é unha serie totalmente personalizable e accesible. Neste exemplo, o taboleiro de chapa de carballo combínase cunhas patas en forma de X para crear un estilo cálido e con carácter. Buscas cadeiras que combinen? Coordina un soporte de cadeira cun asento de chapa de carballo. Todas as cores e os materiais da serie combinan, así que é imposible trabucarse. Sen dúbidas nin concesións: só un instante para pensar: "Eureka!". 

Almacenaxe personalizada para o comedor: creado por e para ti

Presentámosche a solución infalible para gardar todo o imprescindible do teu comedor: un aparador feito con armarios de cociña e rematado coas portas decorativas TERRSJÖ, cun padrón ondulado en tons marróns e avermellados que achega calidez e estrutura. É perfecto para despexar a zona e telo todo á man para cando toque preparar a festa. 

Ordena rápido e atopa cousas con facilidade: Almacenaxe flexible sobre rodas

Está a túa casa ordenada por completo ou hai cousas que cobran vida propia e acaban en calquera sitio? Chegou a hora de NISSAFORS, un carriño estreito pero resistente que cabe nos ocos máis diminutos e podes levar rodando a onde o precises. O deseño perforado permíteche ver con facilidade o que hai gardado. Ademais, superou probas de estabilidade, durabilidade e seguranza.

Un comedor accesible que combina á perfección

Dende o aparador ata a louza, neste comedor todo está coordinado sen que pareza forzado. A mesa e as cadeiras SKÅLSTA en chapa de carballo crean unha base cálida, os armarios de cociña con portas decorativas en marrón avermellado engaden unha profundidade terrosa e os detalles negros achegan un toque fresco. Engade un pouco de azul agrisado e beixe, e conseguirás un comedor que demostra que o bo gusto non ten por que custar unha fortuna.