Saltar

Un comedor digno de Instagram

A familia de mobles ÅLHULT, versátil e económica, é unha forma sinxela de crear unha zona de comedor agradable nun fogar pequeno. Adáptase perfectamente a calquera espazo moderno e o estilo ben merece protagonizar toda unha serie de publicacións en redes. Este conxunto de comedor, cunha mesa extensible, dúas cadeiras cómodas e un banco no que sempre hai espazo para alguén máis, é versátil e cómodo para a hora do xantar. Non podes deixar de compartir este recuncho tan fotoxénico nas redes sociais, ideal para almorzar só ou para sorprender os convidados.

Unha zona de comedor onde hai unha mesa extensible ÅLHULT en beixe/marrón cun banco nun lado e dúas cadeiras con asentos acolchados no outro.

Cantos "Gústame" merece esta mesa, decorada sen esforzo?

Aposta polo deseño escandinavo moderno: os elegantes vasos STOCKHOLM quedan moi ben cos pratos FÄRGKLAR, máis sinxelos. Trátase de artesanía económica que axiña se converterá no teu conxunto de louza favorito para calquera ocasión, desde un brunch familiar informal até unha festa rebuldeira cos teus seres queridos (iso si, lembra facer unha boa foto para as redes antes de empezar a comer).

Vista superior dunha mesa ÅLHULT cun banco e dúas cadeiras. A mesa está preparada para un "brunch" con pan, café e froita.
Unha mesa preparada para un brunch para dous con café, zume, froita fresca e croissants enriba dunha mesa extensible ÅLHULT.

Senta, fai unha foto e acouga

Un capuccino acabado de facer ou un almorzo apetecible saben mellor se os compartes coa túa familia e os teus seguidores. Cando xa teñas as fotos perfectas, acomódate e acouga na cadeira ÅLHULT, cun asento acolchado. Esta cadeira, cunha resistente estrutura de piñeiro macizo e un recheo suave de espuma, é un excelente engadido para un fogar moderno. E como a funda se pode quitar e lavar, non terás que preocuparte se se verte un chisco de café.

Unha mesa extensible ÅLHULT, cun banco e dúas cadeiras, colocada canda unha porta corrediza que leva a un patio sollío.
Dúas cadeiras ÅLHULT beixe con asentos almofadados en Kabusa beixe claro, colocados á beira dunha mesa ÅLHULT extensible beixe-marrón.

Todo preparado para calquera festa ou sesión fotográfica

Hora de pór a mesa, preparar as bebidas e facer soar a túa lista de reprodución: os teus convidados están de camiño. A mesa extensible ÅLHULT ten un práctico taboleiro de extensión que é fácil de sacar, ideal para cando teñas amigos de visita. A iluminación crea ambiente, e podes axustala facilmente coa aplicación IKEA Home smart 1. Acéndea, atenúaa ou cambia a tonalidade configurando as cores, temporizadores ou ambientes con lámpadas intelixentes. Que comece a festa!

Unha zona de comedor de noite na que hai un conxunto de comedor ÅLHULT cunha mesa extensible, un banco, cadeiras e unha lámpada LED laranxa redonda.
Un floreiro STOCKHOLM negro sobre unha mesa nunha zona de comedor acolledora con varias lámpadas, o que crea un ambiente relaxante.