Saltar

Un comedor acolledor tipo cafetaría escandinava

Dálle ao teu fogar ese toque "hygge" cun comedor inspirado nunha cafetaría escandinava. Presenta unha paleta de cores minimalista en branco e negro, madeira de cor clara e detalles acolledores. Os toques divertidos tipo cafetaría, a parede de encerado e o uso de varias mesas de comedor completan o estilo. Non terás que ir a ningunha cafetaría se tes unha xusto na casa.

Un comedor con tres fiestras grandes, unha parede de encerado e dúas mesas LISABO de chapa de freixo con cadeiras combinadas.
Un comedor con tres fiestras grandes, unha parede de encerado e dúas mesas LISABO de chapa de freixo con cadeiras combinadas.

Madeira clara combinada con detalles en branco e negro

Nesta estancia, creamos un estilo escandinavo minimalista pero acolledor combinando unha paleta de cores en branco e negro coa calidez da madeira. Usamos mesas e cadeiras de madeira clara (neste espazo hai dúas mesas para conseguir o estilo dunha cafetaría) e un elegante carriño negro, ideal para gardar a vaixela e os aperitivos.

Velaquí todos os carriños
Unha cesta RISATORP branca con herbas e culleres de madeira no interior nunha mesa xunto a unha ensaladeira BLANDA MATT.
Un carriño NISSAFORS negro con caixas de madeira e outras cousas amoreadas nel xunto a unha mesa e unha alfombra de raias.
Velaquí todos os carriños

Crea a túa propia barra de café

Xuntar varios armarios deste xeito permitirache montar a túa propia barra de café caseira. O seu práctico espazo de almacenaxe permíteche gardar todo o que precisas ter no comedor, e a superficie é ideal para colocar todos os teus artigos para o té e o café, como bandexas, cuncas e todo o que non pode faltarche para o "fika".

Velaquí todos os aparadores e bufetes
Varias copas de viño OMBONAD e copas OMBONAD en gris sobre dous mesados brancos diante dunha fiestra con plantas.
Un armario VIHALS branco con portas de vidro e varios obxectos gardados dentro xunto a un carriño RÅSKOG negro.
Velaquí todos os aparadores e bufetes

Un recuncho creativo

O comedor é un espazo verdadeiramente multiúsos e constitúe o corazón do fogar. Aquí, usamos unha combinación de almacenaxe con caixas nunha esquina para crear unha inspiradora zona de arte e manualidades. A parede con superficie de lousa, onde podes escribir o menú do día, realza a temática de cafetaría.

Velaquí o sistema TROFAST
Un cuarto cun encerado nunha parede, unha cadeira LISABO de freixo xunto a unha mesa LISABO e unha lámpada de traballo TERTIAL en gris escuro.
Velaquí o sistema TROFAST

Crea ambiente con luz e son

Crea o acolledor ambiente dunha cafetaría con varias lámpadas colgantes e música. É moito mellor que sentar en calquera cafetaría: podes converterte en DJ e elixir as cancións que queiras escoitar.

Velaquí todos os altofalantes wifi
Tres monturas eléctricas para lámpada GRÅVACKA penduradas do teito con tres lámpadas acesas diante dunha fiestra con plantas.
Un altofalante estante wifi SYMFONISK e unha lámpada de traballo TERTIAL en gris escuro nun estante aberto EKENABBEN en chopo e branco.
Velaquí todos os altofalantes wifi

Un xeito sinxelo de crear unha cafetaría escandinava caseira

Este comedor componse de varias mesas, un mostrador de café con moito espazo de almacenaxe, madeira clara e unha paleta de cores sinxela en branco e negro. O resultado? Unha cafetaría "hyggelig" e acolledora na casa, tan agradable como a túa cafetaría favorita. Talvez máis.

Velaquí a serie LISABO
Dúas mesas LISABO en chapa de freixo e varias cadeiras LISABO de freixo sobre unha alfombra STOCKHOLM en negro e branco óso.
Velaquí a serie LISABO