Saltar

Un comedor aberto para os momentos en familia

Este acolledor comedor non tardará en converterse no punto de encontro ideal, xusto entre a cociña e a sala de estar. A mesa extensible TONSTAD ten un taboleiro de extensión que se garda debaixo e ofrece espazo para un máximo de seis persoas, o que che permite pasar dun almorzo a unha partida de xogos de mesa nun abrir e cerrar de ollos. Máis que unha mesa, é o centro de moitos momentos da vida, onde ti e a túa familia podedes comer, leriar e relaxarvos.

Un comedor cunha mesa extensible TONSTAD en chapa de carballo tinguida de marrón, seis cadeiras e un armario con portas de vidro.

Pasa da comida á diversión sen saír do comedor

A mesa extensible TONSTAD está á túa disposición durante todo o día: podes abrila para o almorzo e pechala nun momento para deixar sitio á diversión. É tan sinxelo como sacar o taboleiro de extensión e apartar un par de cadeiras. A túa mesa para seis pasará a ser de catro, o que liberará espazo no chan para que os pequechos fagan uso da súa enerxía: traballos manuais, vías de tren, disfraces... O que queiran! Cando chegue a noite, volve meter o taboleiro, achega as cadeiras que retiraches, e listo! Xa cabedes seis de novo. E mañá, máis e mellor.

Xoguetes tirados no chan en medio dun fogar cunha mesa de comedor extensible e cadeiras no fondo.

Pasa da comida á diversión sen saír do comedor

A mesa extensible TONSTAD está á túa disposición durante todo o día: podes abrila para o almorzo e pechala nun momento para deixar sitio á diversión. É tan sinxelo como sacar o taboleiro de extensión e apartar un par de cadeiras. A túa mesa para seis pasará a ser de catro, o que liberará espazo no chan para que os pequechos fagan uso da súa enerxía: traballos manuais, vías de tren, disfraces... O que queiran! Cando chegue a noite, volve meter o taboleiro, achega as cadeiras que retiraches, e listo! Xa cabedes seis de novo. E mañá, máis e mellor.

Ese lugar máxico entre a cociña e o comedor

Unha península de cociña atrae o bo ambiente como un imán: todas as persoas xúntanse aí de xeito natural para botar unhas gargalladas, petiscar algo e contar anécdotas. Ofrece as vantaxes dunha illa de cociña e ocupa menos espazo, con caixóns para os utensilios e unha superficie para preparar e servir, ademais de asentos para os teus catadores de preferencia.

Amplía a túa cociña ata o comedor: os armarios METOD con portas de vidro HEJSTA son o escaparate ideal para a túa louza e póñencho doado para engadir un prato máis se aparece un convidado sorpresa. Engade un caixón ou dous para os panos de mesa e os pousavasos (ou algunha que outra refección).

Un escritorio con dobre función: Mobles multifuncionais para espazos pequenos

Crea un espazo de traballo xunto ao comedor para ter o papelame á man e poder ocuparte del con facilidade. Cando toque comer, abonda con arrimar a cadeira e deixar todo no seu sitio. Quen sabe? Ao mellor, quédanche forzas para seguir despois da sobremesa.

Se organizas unha festa, podes gardar cousas no caixón e usar o escritorio como aparador para poñer pratos ou panos de mesa de sobra. Porque ata os mobles que máis traballan merecen unha noite libre de cando en vez.

Un escritorio TONSTAD de chapa de carballo con tintura marrón xunto a unha parede, cunha cadeira TONSTAD á beira e unha cama para can debaixo.

Un escritorio con dobre función: Mobles multifuncionais para espazos pequenos

Crea un espazo de traballo xunto ao comedor para ter o papelame á man e poder ocuparte del con facilidade. Cando toque comer, abonda con arrimar a cadeira e deixar todo no seu sitio. Quen sabe? Ao mellor, quédanche forzas para seguir despois da sobremesa.

Se organizas unha festa, podes gardar cousas no caixón e usar o escritorio como aparador para poñer pratos ou panos de mesa de sobra. Porque ata os mobles que máis traballan merecen unha noite libre de cando en vez.

Estilo impecable, da cociña ao sofá

Os acabados e as cores coordinados crean unha agradable sensación de continuidade no teu fogar de deseño aberto. Combina asentos flexibles, unha mesa extensible e un sistema de almacenaxe intelixente para a louza, e conseguirás un espazo tranquilo, ordenado e listo para calquera actividade, dende ceas familiares ata xuntanzas improvisadas.

Estende a túa benvida (literalmente)

Se seis cadeiras non abondan, xunto a túa mesa extensible TONSTAD con outra para crear unha gran mesa corrida para socializar. Mesmo podes sacar a festa ao exterior! As patas resistentes danlle moita estabilidade e as superficies doadas de limpar rinse das máculas.

Unha mesa de chapa de carballo tinguida de marrón no comedor conecta visualmente cunha mesa no patio a través das portas abertas.