Saltar

Portas corredizas e unha mesa redonda nun comedor pequeno, práctico e versátil

Neste comedor aprovéitanse moi ben as limitacións do espazo. As notas de madeira e a fibra trenzada danlle un toque natural, e a amplitude e a flexibilidade obtéñense grazas ao uso intelixente das solucións de almacenaxe, as cadeiras e as portas corredizas que se abren e pechan con suavidade.

Vista parcial dunha sala de estar que se comunica a través de dúas portas corredizas SKYTTA cun comedor no que hai unha mesa redonda DOCKSTA branca.
Vista parcial dunha sala de estar que se comunica a través de dúas portas corredizas SKYTTA cun comedor no que hai unha mesa redonda DOCKSTA branca.

Un recuncho que pode con todo

Neste atafegado recuncho, situado entre a mesa e a cociña, todos os obxectos teñen que gañarse o seu sitio. O aparador ten capacidade para todo o necesario, desde a vaixela ata todos os utensilios para o brunch. E, por se fose pouco, aínda lle queda espazo para varias solucións de almacenaxe decorativas, coidadosamente elixidas.

Velaquí todos os armarios
Saleiro e pementeiro CITRONHAJ, unha táboa de cortar STOLTHET e outros accesorios de comedor sobre un aparador SPIKSMED gris claro.
Vista parcial dun comedor iluminado cunha suave luz natural, con accesorios de comedor dispostos sobre un aparador SPIKSMED gris claro.
Velaquí todos os armarios

Unha transición impecable, sempre que así o desexes

As portas corredizas SKYTTA achegan un toque xaponés e ofrecen moitas vantaxes. Cando se abren, todo flúe como por arte de maxia entre a sala de estar, o comedor e a cociña. Cando se pechan, reina a calma nos dous lados, polo que constitúen unha opción moi práctica.

Velaquí todos os separadores de ambientes
Unha sala de estar iluminada pola luz do sol que se comunica a través de dúas portas corredizas SKYTTA cun recuncho do comedor no que hai unha mesa redonda DOCKSTA.
Velaquí todos os separadores de ambientes

Para almorzar o que che apeteza

Para garantir a flexibilidade nun comedor pequeno, ás veces abonda con elixir ben as cadeiras e os complementos. Neste caso, é posible sentarse á mesa e gozar da comida tranquilamente grazas ao carriño, as cadeiras extra pregables, os andeis e as cadeiras encastelables. Non te deixes enganar pola súa forma sinxela: son comodísimas.

Velaquí todas as cadeiras tapizadas
Unhas portas corredizas SKYTTA abertas deixan entrever un comedor con paredes de madeira e unha mesa DOCKSTA branca preparada para o almorzo.
Unhas cadeiras ÖSTANÖ negras nun comedor iluminado pola luz do sol. Ao lado, hai unha mesa redonda DOCKSTA branca con diversos accesorios para tomar café enriba.
Velaquí todas as cadeiras tapizadas

Un punto de encontro en calquera momento do día

Estas portas corredizas quedan moi ben neste comedor, que comunica a cociña e a sala de estar. Poderás pechalas e illar este espazo para estudar, almorzar ou cociñar ao teu aire, ou abrilas para ter máis amplitude e socializar. Por outro lado, a mesa redonda pódese mover facilmente, ocupa pouco espazo e non ten esquinas contra as que bater.

Velaquí toda a iluminación
Unhas cadeiras ÖSTANÖ negras e un tallo pregable GUNDE branco arredor dunha mesa DOCKSTA branca nun comedor con portas corredizas.
Velaquí toda a iluminación