Saltar

Fai as cousas á túa maneira: ideas de comedor para espazos pequenos

Buscas ideas accesibles para comedores pequenos? Aquí tes un espazo dividido cun comedor que pode servir para todo, dende o almorzo diario ata ceas con amizades. Por iso, se che gustan os mobles flexibles, a almacenaxe personalizada e reflectir a túa personalidade no teu fogar, isto interésache.

Unha mesa extensible VIHALS e cadeiras pregables VIHALS nunha pequena zona de comedor debaixo dunha lámpada colgante ZEBRASÄV en branco.

Aproveita as paredes como espazo de almacenaxe persoal

Non tes moito espazo de almacenaxe? Cun taboleiro perforado SKÅDIS, podes ter moitos obxectos pequenos á man. Cada taboleiro é como un lenzo en branco. Hai diferentes accesorios, como ganchos e recipientes, para que elixas os mellores segundo o que queiras gardar e amosar. Así, poderás crear a túa almacenaxe de parede personalizada.

Velaquí a serie SKÅDIS
Dous taboleiros perforados SKÅDIS negros e unha cadeira pregable VIHALS pregada penduran dunha parede preto dunha mesa extensible VIHALS branca.
Velaquí a serie SKÅDIS

Un separador de ambientes e moito máis

Dividir unha estancia en dous pode facer que pareza máis grande e axudar a usar o espazo de xeito máis eficiente. Con este estante KALLAX como separador de ambientes, tamén disporás de moito espazo de almacenaxe a ambos os lados. Ademais, axúdate a personalizar o cuarto, xa que podes expoñer fotos e adornos, ou empregar os accesorios e as caixas que máis che gusten.

Velaquí a serie KALLAX
Dous tallos IBBARBO en gris escuro amontoados xunto a unha mesa extensible VIHALS branca diante dun estante KALLAX branco.
Nos andeis dun estante KALLAX branco hai diferentes obxectos, como un purificador de aire UPPÅTVIND e caixas de almacenaxe.
Velaquí a serie KALLAX

Máis espazo na mesa sempre que queiras

Mesmo nun espazo pequeno, podes ter unha mesa grande (polo menos, durante uns intres). Esta mesa extensible VIHALS permíteche dispoñer de máis espazo na mesa cando o precises. Ofréceche moita flexibilidade. Podes convidar máis amizades a comer ou deixar un crebacabezas a medio rematar se chega a hora da cea.

Velaquí todas as mesas extensibles
Unha mesa extensible VIHALS, unha cadeira pregable VIHALS e uns tallos sobre unha alfombra VÄNDPLATS baixo unha lámpada colgante ZEBRASÄV en branco.
Velaquí todas as mesas extensibles

Máis comodidade en todo o que fas

Unha cadeira máis cómoda, como esta cadeira xiratoria BLECKBERGET, pode ser unha magnífica idea. Non só para pasar sobremesas máis longas, senón para outras actividades da zona do comedor, como preparalo antes de que cheguen os convidados. E cando cheguen, por que non crear o ambiente perfecto con música de fondo cun altofalante Bluetooth VAPPEBY?

Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar
Unha cadeira xiratoria BLECKBERGET xunto a unha mesa extensible VIHALS cun espello de mesa LINDBYN e unha bóla de discoteca enriba.
Un altofalante Bluetooth VAPPEBY nunha fiestra con cortinas MÄSTERROT xunto a unha cadeira pregable e unha mesa extensible VIHALS.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar

Unha zona de comedor ideal para ti, mesmo nun espazo pequeno

O estante KALLAX ofrece moito espazo de almacenaxe. Ademais, separa a zona de comedor da sala de estar e axúdate a darlle un toque persoal ao teu fogar. Como complemento para a mesa extensible, a cadeira pregable VIHALS e os tallos amontoables IBBARBO son moi fáciles de sacar cando chegan os convidados, e de gardalos cando marchan. O mobiliario flexible, a almacenaxe personalizada e un estilo moi persoal son as chaves de este comedor.

Velaquí todas as cadeiras pregables
Unha cadeira xiratoria, unha cadeira pregable VIHALS e dous tallos amontoados xunto a unha mesa extensible VIHALS nun comedor pequeno.
Velaquí todas as cadeiras pregables

Queres ver a outra parte do cuarto?

E como se lle tira o máximo proveito a esta zona de comedor de dimensións reducidas á vez que se consegue un estilo máis persoal? Descubre tamén a sala de estar!