Saltar

Como coidar dos coitelos

Os coitelos úsanse a diario mesmo para preparar os pratos máis básicos. Se os coidas como é debido, poden durar toda a vida, e axudaranche a cociñar máis rápido e a pasalo mellor mentres o fas. A continuación, indicámosche como ocuparte dos coitelos. Non te cortes e sigue a ler.

Coitelo de aceiro inoxidable dun cociñeiro sobre unha táboa de cortar de madeira, xunto a outro máis grande.
Coitelo de aceiro inoxidable dun cociñeiro sobre unha táboa de cortar de madeira, xunto a outro máis grande.

Lávaos á man

Recomendámosche que laves os coitelos á man cando termines de usalos para evitar que se corroian e eliminar as bacterias que poden adherirse a eles tras cortar polo cru ou verduras frescas. Por iso, lávaos á man con auga morna e xabón, e sécaos. Intenta non deixar os coitelos xunto á louza encastelada e cuberta de auga no vertedoiro. Se o fas, as potas e as tixolas máis pesadas poderían danalos. Por non mencionar que tamén poden ferir a alguén que meta a man na auga sen saber que están aí.

Ver todos os accesorios para lavar a louza
Ver todos os accesorios para lavar a louza

Afía os coitelos

É máis seguro usar un coitelo afiado que un romo, polo que deberías afialos de cando en vez. Por exemplo, unha vez á semana. Recorda que o material que uses para afialos debe ser máis duro que o aceiro da folla. Concretamente, recomendámosche que empregues algo fabricado con cerámica ou aceiro cromado, unha pedra de afiar ou un afiador de coitelos. Non esquezas que as follas dos coitelos con bordos serrados (como a dos coitelos para cortar o pan) debe afialas un profesional. Non cortes comida que estea conxelada nin moi dura (como ósos), xa que podería dobrarse o bordo ou danarse a folla. Se vas cortar alimentos duros, faino movendo o coitelo adiante e atrás. Evita facelo dun lado a outro.

Ver todas as ferramentas para afiar
Ver todas as ferramentas para afiar

Usa unha táboa de cortar

Suxerímosche que empregues unha táboa de cortar de madeira ou plástico. Se o fas nunha superficie de vidro ou metal, corres o risco de desafiar o coitelo ou mesmo de danar a folla. Recorda que, para as follas, a madeira é máis recomendable que o plástico. As dúas superficies adoitan estar saneadas, sempre que se laven a miúdo con deterxente e non conten con rabuñaduras profundas nas que poidan aparecer bacterias.

Ver todas as táboas de cortar
Ver todas as táboas de cortar

Almacenaxe dos coitelos

Un aspecto moi importante á hora de coidar coitelos, que adoita esquecerse con facilidade, ten que ver con como almacenalos adecuadamente. Se os gardas como se debe, evitarás que se danen as follas e reducirás o risco de cortes accidentais. Por non mencionar que axudarás a prolongar a súa vida útil. Recomendamos gardalos nun bloque de coitelos, na bandexa dun caixón da cociña ou nun soporte magnético na parede.

Ver todos os coitelos
Ver todos os coitelos