Saltar

Solucións de almacenaxe con SMÅSTAD

De cambiador a escritorio, de armario de bebé a armario xuvenil, de estante con libros de cores a verdadeiras novelas xuvenís, SMÅSTAD está preparado para calquera momento. 

Que o teu único problema sexa non saber que bodi poñerlle

Cunha combinación de cambiador e almacenaxe SMÅSTAD, podes crear un lugar cómodo, seguro e cálido para cambiar cueiros e gardar roupa e outros artigos de toucador para bebés.

Velaquí os cambiadores SMÅSTAD
Cambiador SMÅSTAD nun cuarto gris
Velaquí os cambiadores SMÅSTAD

Comezou como cambiador e acabou sendo un recuncho creativo

Do mesmo xeito que o teu pequecho, o teu cambiador SMÅSTAD medrará e adaptarase aos novos momentos. Nun chiscar de ollos, pasa de cambiador a escritorio para converterse no recuncho máis creativo do teu pequerrecho

Das primeiras pezas de roupa aos seus primeiros xoguetes

Como poderías facer que ao teu fillo lle resulte máis doado chegar aos seus xoguetes? Podes probar cunha solución de almacenaxe baixa para as cousas máis grandes e os xoguetes que poidan coller sen axuda, e poñer o resto fóra do seu alcance, nos caixóns de parede. Así, poden xogar co que teñen á man.

Solución de almacenaxe SMÅSTAD con módulos con baúl no chan con xoguetes enriba e armarios de parede en cor branca.
Detalle de solución de almacenaxe SMÅSTAD con módulos con baúl con caixón aberto no chan e xoguetes enriba e polo chan.

Deixa que escollan a súa propia aventura…e a súa propia roupa

As combinacións SMÅSTAD poden dividirse en diferentes niveis. Na parte superior pódese pendurar a roupa que non usa todos os días. Na parte inferior, o teu cativo pode sacar a roupa que necesita no día a día. Así, fomentas a súa independencia e creatividade

Velaquí os armarios SMÅSTAD
A white SMÅSTAD wardrobe with light red BEGRIPA handles has a door open showing children’s clothes hanging and folded inside.
SMÅSTAD/PLATSA storage units along a wall with painted decorations and FLISAT doll’s house on it. Blue sea painted on floor.
SMÅSTAD storage combination full of children’s clothes and things both hanging in the wardrobe and folded in drawers.
A white SMÅSTAD pull-out storage unit in the childrens room
SMÅSTAD storage combination with the doors and drawers closed, some bags and soft toys placed on top of it.
Velaquí os armarios SMÅSTAD

Cando xa toca estudar un anaco

O sistema SMÅSTAD non só che axuda a almacenar roupiña, tamén serve para crear unha zona de estudo na que poida facer as tarefas do día a día. Un exame? Deberes de inglés? Non hai problema, SMÅSTAD axúdalles a ter as súas tarefas ordenadas. 

Velaquí as combinacións de almacenaxe SMÅSTAD
A white/Vissle light grey ÖRFJÄLL children's desk chair
Velaquí as combinacións de almacenaxe SMÅSTAD

Para cando o espazo for reducido

E se necesitas cama, almacenaxe e zona de estudo, todo á vez. A solución é a cama SMÅSTAD, capaz de axudarche con todo. E como podes cambiar as portas ou a distribución, tamén podes crear a solución perfecta para as túas necesidades e os gustos do teu cativo.

Velaquí as combinacións de cama alta SMÅSTAD
A white white/with desk with 3 drawers SMÅSTAD loft bed
Velaquí as combinacións de cama alta SMÅSTAD