Saltar

Solucións de almacenamento para a roupa dos cativos: aprender a ser independente

Saber usar as solucións de almacenamento de roupa e vestirse só é unha parte importante no crecemento dos nenos. Desde encontrar o que poñerse e coidar a roupa ata deixar a roupa sucia na bolsa para a coada e dobrar a roupa limpa, velaquí tes algúns consellos útiles.

Un cativo vístese sobre unha alfombra gris diante dun banco branco con almacenamento para xoguetes e un armario branco cun módulo extraíble.
Un cativo vístese sobre unha alfombra gris diante dun banco branco con almacenamento para xoguetes e un armario branco cun módulo extraíble.

A roupa limpa

Aprender a dobrar e gardar a roupa limpa permite os nenos seren partícipes e sentirse realizados. As caixas de almacenamento lixeiras dentro de caixóns e armarios, que son fáciles de sacar para meter cousas, fan que todo sexa máis sinxelo.

Velaquí todas as caixas e cestas infantís
Un neno dobrando pezas de roupa coa axuda dun anaco de cartón e colocándoas nunhas caixas UPPRYMD turquesa sobre unha alfombra arlequinada de varias cores.
Velaquí todas as caixas e cestas infantís

Pendurar a roupa para o día seguinte

Colocar ganchos na parte exterior do armario axuda a prepararse para o día seguinte. É unha magnífica rutina que se debería aprender desde pequeno, para que todo vaia de marabilla polas mañás. Naturalmente, tamén debería haber preto un espello.

Velaquí todos os accesorios interiores SMÅSTAD
Ganchos LÄTTHET dos que penduran perchas infantís con varias pezas de roupa e unha mochila. Os ganchos están colocados na parte exterior dun armario branco.
Velaquí todos os accesorios interiores SMÅSTAD

Caixas que deixan ver o que hai dentro para unha boa organización

As caixas deixan ver o que hai dentro e axudan os teus fillos elixiren que vestir sen desordenar todo. É boa idea poñer a roupa que usan con maior frecuencia a unha altura axeitada para eles. Se dous irmáns comparten o cuarto, podes deixar a parte inferior para o máis pequeno.

Velaquí todos os mobles para nenos
Combinación de almacenamento TROFAST con estrutura de piñeiro e caixas de reixa de diferentes cores; unha delas sacada sobre unha alfombra.
Velaquí todos os mobles para nenos

Facer que as cousas sexan accesibles

Non fai falta dicir que os cativos deben ser capaces de chegar á roupa pendurada e dobrada, a poder ser sen un tallo. Por exemplo, este armario cun módulo extraíble permite que ata os máis pequenos poidan ver, elixir e coller a roupa.

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Un neno poñéndose un xersei azul sobre o ombro, diante dun armario SMÅSTAD branco cun módulo extraíble aberto.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Os nenos e a coada

Cun cesto para a coada, aos nenos élles moito máis fácil deixar a roupa sucia no seu sitio. O mellor é elixir un pequeno, como esta solución de almacenamento de xoguetes, para que non se xunte demasiada roupa. Ata poden empezar a clasificar a roupa para a coada nos compartimentos.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe para nenos
Solución de almacenamento con compartimentos TIGERFINK en cor turquesa, entre unha cama de faia e un armario gris. Tamén hai unha alfombra arlequinada de varias cores.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe para nenos

Non esquezas os xoguetes

Os xoguetes son o máis importante para os cativos. O seu grande entretemento e ilusión, os mellores amigos para deixar voar a imaxinación. Polo xeral, teñen de todo e ocupan un grande espazo no cuarto. Para evitar a desorde, dispón os elementos de almacenaxe sempre ao seu alcance, así poderán ser independentes á hora de escoller o seu xoguete preferido e despois levalo de volta ao seu sitio.

Almacenaxe para xoguetes
Four TROFAST boxes in light orange, light blue, light green and lilac are on the floor filled with toys, by a TROFAST frame.
Almacenaxe para xoguetes