Saltar

Ideas para durmir mellor nun dormitorio infantil compartido

Compartir o cuarto é máis sinxelo se os dous nenos teñen o seu propio espazo e poden reflectir a súa personalidade. Desta maneira, disporán de espazo suficiente e aprenderán a valorar as vantaxes de compartir: o vínculo que se crea e a seguridade que dá o feito de estar acompañado.

Unha tenda infantil HÖVLIG sobre unha alfombra BUSENKEL de varias cores con peluches dentro, entre dúas camas extensibles brancas diferentes.
Unha tenda infantil HÖVLIG sobre unha alfombra BUSENKEL de varias cores con peluches dentro, entre dúas camas extensibles brancas diferentes.

Divide o espazo para durmir e pon medios para que non entre a luz

Un estor evita que entre a luz do día e axuda a durmir. Pon un separador entre ambas as camas para que os teus fillos teñan a privacidade que precisan para durmir e erguerse a horas diferentes, sen molestarse o un ao outro.

Velaquí todos os estores
Dúas camas brancas extensibles, unha tenda infantil HÖVLIG sobre una alfombra de varias cores e un estor opaco branco parcialmente baixado.
Velaquí todos os estores

Lámpada de noite con sensor de movemento

As noites serán máis tranquilas cunha lámpada de noite, xa que os teus fillos se sentirán máis seguros. Non fai falta que a deixes acesa. Cun sensor de movemento sen fíos conectado á lámpada, a luz acenderase automaticamente cando os nenos empecen a moverse.

Velaquí toda a iluminación infantil
Unha lámpada de mesa LED BRUMMIG cun estampado de árbores sobre un tallo infantil FLISAT e un sensor de movemento sen fíos TRÅDFRI na parede.
Velaquí toda a iluminación infantil

Unha alfombra para non facer ruído

Cunha suave alfombra no chan, poderás saír do cuarto para ir ao baño na metade da noite sen facer ruído nin espertar ao teu irmán ou á túa irmá. Tamén absorbe o ruído no cuarto, para non molestar á hora de xogar.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Unha alfombra BUSENKEL arlequinada de varias cores, una lámpada de mesa sobre un tallo e unha cadeira de brazos xiratoria IKEA PS LÖMSK branca/vermella cun peluche.
Velaquí todos os téxtiles para nenos
Unha muller facendo dúas camas extensibles brancas con roupa de cama BRUMMIG e BUSENKEL de varias cores, e estantes na parede.
Se deixas que sexan os teus fillos os que escollan as cores e os estampados da roupa de cama, é probable que queiran pasar máis tempo nela.

Magdalena SjöströmDeseñadora de interiores