Saltar

Ideas inspiradoras para gardar libros infantís

Buscas ideas para gardar libros infantís, de xeito que che resulte máis doado manter o teu fogar en orde e fomentar a paixón pola lectura nos teus fillos e fillas? Sigue lendo! Dende librarías ata mesas de noite, tanto para lectores incipientes como expertos, velaquí che traemos multitude de consellos útiles.

A colourful cats BILD poster

Como facer que os libros sexan máis accesibles

Ao gardar os libros en solucións de almacenaxe a baixa altura, é máis fácil velos e collelos, de xeito que mesmo os máis pequenos poidan mergullarse nunha historia que lles apeteza. Se optas por caixas de almacenaxe con rodas, poderán levar os libros aos lugares de lectura que prefiran sen axuda.

Velaquí a serie FLISAT
Unha solución de almacenaxe para xoguetes FLISAT con rodas ao lado dunha cadeira de brazos POÄNG preto dunha solución de almacenaxe de parede FLISAT nunha parede.
Un expositor de libros FLISAT de piñeiro con varios libros infantís no chan dun cuarto con paredes amarelas e laranxas.
Velaquí a serie FLISAT

Todo xunto: libraría e armario

Descubre unha solución de almacenaxe infantil que combina armarios, caixóns e andeis para gardar roupa e libros á altura perfecta para os máis cativos. Parte da familia SMÅSTAD, este sistema medra ao ritmo dos teus fillos: podes renovar tiradores, accesorios e portas segundo vaian mudando os seus gustos e necesidades. Orde e funcionalidade que evoluciona con eles!

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Unha combinación de almacenaxe SMÅSTAD/PLATSA con tres caixóns, con frontes de caixón vermellas e portas de raias, pegada a unha parede.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Un estante ou unha libraría? Ti decides!

Presentámosche un estante que podes montar na parede ou colocar no chan a modo de libraría. O teu fillo ou filla poderá usala durante moito tempo e converter os xoguetes e contos de hoxe nos libros escolares e trofeos deportivos de mañá.

Unha nena poñendo un libro nun estante SMÅGÖRA branco, onde se gardan varios libros, montado en horizontal nunha parede.
Un panda de peluche KRAMIG enriba dunha tartaruga de peluche preto dun estante SMÅGÖRA branco, que está a carón dunha cama infantil.

Unha caixa chea de tesouros

Podes usar esta caixa tan divertida para gardar libros máis pequenos (mesmo os de tea) e ilos sacando e gardando un por un. Tamén é máis fácil de transportar. Temos moitas caixas infantís de diferentes tamaños e estilos na nosa gama, polo que seguro que encontrarás a ideal para ti.

Velaquí todas as caixas e cestas infantís
Unha caixa BARNDRÖM sobre un tapete de ximnasia pregable PLUFSIG verde no chan canda un coxín cunha funda de coxín GURLI vermella.
Velaquí todas as caixas e cestas infantís

Unha mesa de noite que medra co teu fillo

Esta mesa de noite medra co teu fillo: a súa altura adáptase a diferentes camas e tamén se pode usar como estante á beira dun escritorio. Perfecta para ter sempre un libro ou o material escolar á man, acompañarao moitos anos!

Unha nena ao lado da liteira baixa dunha estrutura de liteira MYDAL a carón de dúas mesas de noite/estantes SMUSSLA brancas.

Un elemento único do dormitorio dun adolescente

Cando as túas fillas e os teus fillos sexan adolescentes, é probable que queiran un dormitorio distintivo que exprese mellor a súa personalidade. Estes armarios están dispoñibles en diferentes cores e formas, e pódense dispoñer da forma que o teu fillo prefira. Ten cada vez máis cousas para gardar? Abonda con poñer outro armario.

Velaquí o sistema de almacenaxe EKET
Un adolescente sentado nunha cadeira xiratoria LOBERGET/MALSKÄR branca nun escritorio PÅHL debaixo de tres armarios EKET na parede.
Velaquí o sistema de almacenaxe EKET

Leva os seus libros e o resto das súas cousas onde os necesiten

Este carriño é ideal para gardar libros, bolígrafos, unha calculadora e outras cousas necesarias para facer os deberes. Ao teu fillo non lle custará nada levalo a calquera parte e volver poñelo no seu sitio ao rematar.

Velaquí todos os mobles e accesorios de estudo
Un carriño ÖVNING parcialmente debaixo dunha estrutura de cama alta VITVAL con escritorio ao carón dunha cadeira xiratoria ELDBERGET/MALSKÄR.
Velaquí todos os mobles e accesorios de estudo