Saltar

Consellos básicos ante a chegada do novo membro da familia

Cando chega o momento de volver á casa co bebé, sen dúbida hai algunhas cousas que che facilitarán moito a túa nova vida. Pero non te preocupes: non son tantas como parecen. Dámosche algúns consellos para crear un bo kit inicial para ti e o teu bebé.

Unha almofada de lactación LEN gris sobre unha chaiselongue VIMLE de cor beixe, xunto a unha mesa auxiliar BURVIK de cor gris claro-verde cun biberón enriba.
Unha almofada de lactación LEN gris sobre unha chaiselongue VIMLE de cor beixe, xunto a unha mesa auxiliar BURVIK de cor gris claro-verde cun biberón enriba.

Kit para un bebé

Desde mobles até os accesorios máis pequenos, é probable que, co tempo, vaias adquirindo algunhas cousas para o teu bebé. Pero podes comezar por esta lista.

  • Un berce con colchón, protector de colchón e roupa de cama
  • Un cambiador cun práctico espazo de almacenaxe e unha alfombriña para o coidado do bebé
  • Unha chaiselongue con coxíns para a lactación
  • Unha alfombra suave ou de xogo nun material doado de limpar
  • Peluches e mordedores de bebé
  • Bañeira para bebés, panos e toallas
Unha chaiselongue beixe con coxíns, un cambiador SMÅGÖRA branco e un berce, así como un tallo infantil FLISAT sobre unha alfombra gris.

Téxtiles suaves e acolledores para arrecuncharse

Ao elixir un xogo de fundas nórdicas para o berce, decantarse polo algodón 100% de orixe máis sostible é unha opción segura. O material é naturalmente transpirable, absorbe a humidade e é máis cómodo ao contacto coa pel do bebé con cada lavado.

Velaquí todos os téxtiles para bebé
Peluches e roupa de cama cun xogo de funda nórdica TROLLDOM cun estampado de animais do bosque en verde nun tallo infantil FLISAT de madeira.
Velaquí todos os téxtiles para bebé

Unha chaiselongue para acurruncharse sen présa

Un lugar especial para a lactación, como unha chaiselongue ou unha cadeira de brazos cómodas, pode marcar a diferencia á hora de aleitar o bebé. Tamén é un lugar moi agradable para pechar un rato os ollos mentres o bebé dorme no berce.

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Unha chaiselongue beixe con varios coxíns e unha mesa auxiliar en gris e verde claro sobre unha alfombra LEN gris, con armarios brancos detrás.
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues

Un cambiador para evitar leas

Manter o bebé seco e cómodo é máis doado cun cambiador á altura axeitada para protexer as costas. Este ten útiles andeis de almacenaxe e deixa un espazo xunto á parede que é ideal para ocultar unha bolsa para roupa.

Velaquí todos os cambiadores
Unha lámpada de mesa BRUMMIG nun armario EKET branco e un cambiador SMÅGÖRA branco con caixas de almacenaxe brancas nos andeis do interior.
Velaquí todos os cambiadores