Saltar

Como organizar o cuarto dos teus fillos e conseguir un pase gratis á terra da imaxinación?

Os cuartos infantís son mundos ateigados de ideas, creatividade, xoguetes e... caos? Non, non teñen por que ser caóticos. As solucións de almacenaxe intelixentes conseguen que ordenar forme parte do xogo. Na mente dun neno, as peluches métense na súa casa, mentres os pais simplemente observan como o fan sen necesidade de dicir "a ordenar!"

Nena xogando con peluches sentada detrás dun módulo de almacenaxe VITBJÖRN cun caixón cheo de xoguetes. Cama extensible BUSUNGE de fondo.
Nena xogando con peluches sentada detrás dun módulo de almacenaxe VITBJÖRN cun caixón cheo de xoguetes. Cama extensible BUSUNGE de fondo.

Consulta a un experto: o teu pequeno!

Á hora de planificar un cuarto infantil, non pases por alto aos máis pequenos, que son os que verdadeiramente a van usar. Os nenos saben para que precisan o espazo, e coñecen perfectamente as súas preferencias á hora de espertar, xogar e, por último, pero non por iso menos importante, durmir placidamente pola noite. A planificación do seu cuarto debe ser un proxecto común, así que por que non usar un taboleiro perforado SKÅDIS como lenzo para as distintas ideas? Cun taboleiro perforado e mentes creativas, nada é imposible.

Rapaza sentada no chan fronte a un taboleiro perforado SKÅDIS engadindo follas verdes, debuxos e cousas ao taboleiro.

Espazo para todo? Compróbao!

A mellor forma de planificar un cuarto é facer primeiro unha lista con todas as actividades para as que ten que haber espazo, e deseñar as distintas zonas para cada unha. O normal é que consideres que cada zona ten a súa propia peza central, como a cama na zona de descanso ou o armario na zona para vestirse. Dedicando cada espazo a unha actividade principal, crearás un cuarto ben organizado no que sexa doado atopar as cousas e telo todo en orde. Empecemos! Para que debe haber espazo no teu cuarto?

 

  • Durmir
  • Xogar
  • Vestirse
  • Estudar
  • Relaxarse
  • Pasatempos
  • Amizades
  • O que queiras!

Vista dun carto infantil dende arriba, con zonas para as distintas actividades e funcións sinaladas no chan.

Planificar as solucións de almacenaxe será tan sinxelo como un xogo de nenos.

Planificar en conxunto as solucións de almacenaxe de roupa é o xeito máis fácil de asegurarte de que certos nenos se vistan nun intre. Aínda que a lóxica do teu pequeno sexa diferente á túa, o importante é que todos saibades onde vai cada cousa. As solucións de almacenaxe intelixentes como SMÅSTAD adáptanse facilmente a medida que vaian crecendo as necesidades.

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Combinación de almacenaxe SMÅSTAD chea de roupa infantil pendurada no armario e dobrada nos caixóns á beira doutras cousas de nenos.
Combinación de almacenaxe SMÅSTAD coas portas e os caixóns pechados con mochilas e peluches enriba.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Fixa os mobles á parede

Asegúrate de fixar correctamente os mobles grandes e altos cos dispositivos de fixación á parede que se inclúen. Deste xeito evitarás que se descolguen. Obtén máis información sobre os posibles factores de risco no fogar e como podes evitar accidentes.

Máis información sobre a seguridade dos mobles

Como facer que a almacenaxe forme parte do xogo

Toc, toc, hai alguén na casa? O módulo de almacenaxe con caixón VITBJÖRN é só un exemplo de solución de almacenaxe que consiste nun moble colorido que tamén forma parte da diversión. Cando a solución de almacenaxe está xunto á zona de xogo, os nenos encárganse automaticamente da orde sen replicar.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís
Primeiro plano dun módulo de almacenaxe con caixón VITBJÖRN cheo de peluches e unha nena mirando dentro pola parte de arriba, que está aberta.
Módulo de almacenaxe con caixón VITBJÖRN sobre unha alfombra SKOGSDUVA de cor verde intensa e xoguetes ao redor.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís

Os soños fanse realidade mentres durmimos

As camas infantís deben ser o lugar no que queiran arrecuncharse, polo que ter a súa roupa de cama favorita facilitará que vaian descansar pola noite. A medida que medran, as mantiñas para durmir pódense substituír por un dinosauro ou un libro, pero se escolles unha cama extensible e unha solución de almacenaxe adaptable, o moble durará moitos anos.

Cama infantil vista dende arriba cunha funda nórdica e unha funda de almofada SKOGSDUVA, coxíns e peluches ao redor.
Cuarto infantil cunha combinación de almacenaxe TROFAST de parede con caixóns e unha mesa/cadeira infantil SMÅSKRAKE multiúsos.

Como é o mundo dende os ollos do teu fillo?

No canto de queixarte porque os xoguetes están no chan, déitate un momento e bótalle unha ollada ao cuarto dende a súa perspectiva. Pode que a pelota coa que tropezaches tamén sexa un planeta descoñecido do noso sistema solar. Ou a pelota de fútbol da sorte coa que marcou o punto definitivo co que gañou o mundial. Deixa que o cuarto do teu fillo sexa o seu universo, onde só a imaxinación establece as regras. Pensa en cada visita que fagas como algo positivo.

Vista dende o interior dun túnel de xogo azul DVÄRGMÅS cunha nena que sae gateando.

Consellos prácticos para solucións infantís intelixentes