Saltar

Artigos básicos para empezar a dar alimentos sólidos ao teu bebé

Estás a piques de empezar un novo capítulo moi emocionante no proceso de desenvolvemento do teu bebé. Non podemos prometerche que será fácil, pero si que estará cheo de momentos divertidos nos que toda a familia estreitará lazos. A continuación, atoparás unha guía con todos os artigos esenciais que che axudarán durante o longo e caótico proceso de comezar a alimentar ao teu bebé con produtos sólidos.

Un neno sentado nunha trona ANTILOP diante dunha mesa cun mantel individual GRÖNFINK cuberto de anacos de froita.

A variedade de produtos de alimentación para bebés BÖRJA non se perde unha comida

Por sorte, non necesitas unha longa lista de cousas para que o teu bebé empece a aventura de comer alimentos sólidos. A nosa variedade de produtos de alimentación para bebés BÖRJA está deseñada concienciudamente para axudar ao máximo aos bebés nas súas aventuras culinarias desde o primeiro bocado.

A culler ten un mango curto e lixeiramente curvado que lle resultará doado e cómodo de agarrar. Está pensado para que sexa máis sinxelo aprender a usala. Ademais, a base antiescorregante do cunco e os lados en ángulo facilitan que a comida caia sobre a culler, o que axuda a que empecen esta andaina con bo pé.

Velaquí todas as solucións para aleitar, alimentar e comer
Un neno suxeitando unha culler para bebé BÖRJA. Está sentado nunha trona ANTILOP á beira dunha mesa de comedor cun prato e un vaso para bebé BÖRJA.
Un neno cun babeiro GRÖNFINK sentado no colo da súa nai e bebendo dun vaso para bebé BÖRJA. Hai un prato na mesa de comedor.
Velaquí todas as solucións para aleitar, alimentar e comer

Non temas ás máculas

Non tardarás moito en perfeccionar a arte de facer fronte ao caos. Só necesitas un par de panos limpos á man en cada comida para encargarte dos anacos que saian disparados. Pon un mantel individual colorido GRÖNFINK lavable na mesa e un babeiro KLADDIG. O cativo estará relaxado e pasarao xenial mentres come, e ti terás a tranquilidade de saber que a limpeza non será tan complicada. Cando remate, só terás que pasarlle un trapo ao mantel e ao babeiro, e meter os cuncos, os pratos e a culler BÖRJA na lavalouza.

Velaquí todas as solucións para aleitar, alimentar e comer.
Un bebé cun babeiro KLADDIG nunha trona ANTILOP nunha mesa de comedor suxeitando unha peza de madeira. A súa nai está ao lado.
Velaquí todas as solucións para aleitar, alimentar e comer.

Integra a preparación da comida na experiencia culinaria

Deixa que o cativo vexa todo o que se coce na cociña mentres fas de comer para que non perda detalle de como preparas os seus pratos. E como a trona ANTILOP é lixeira e doada de mover dun sitio para outro, poderás sentalo na cociña, á beira do mesado.

Non te esquezas de poñerlle o babeiro KLADDIG para protexelo fronte as máculas e darlle algo que poida morder mentres te observa.

Velaquí todas as cadeiras infantís e tronas
Un bebé sentado nunha trona ANTILOP á beira dun mesado de cociña. Leva un babeiro de manga longa KLADDIG en branco e verde, e ten os brazos levantados.
Velaquí todas as cadeiras infantís e tronas

Prepárate facilmente para cada comida

Asegúrate de ter dous ou tres xogos de babeiros, cuncos, culleres e vasos para que sempre haxa polo menos un limpo, vaian como vaian as comidas ese día. Queres un consello? Un carriño pode serche moi útil. Éncheo con todo o necesario para darlle de comer ao teu bebé. Ao poñelo nunha solución de almacenaxe con rodas, estará sempre todo xunto e á man, e só terás que aparcalo preto da mesa cando vaias comer.

Velaquí todos os carriños
Un carriño NISSAFORS branco nun comedor con produtos de alimentación para bebés, como un babeiro e pratos, cuncos e culleres BÖRJA.
Velaquí todos os carriños

Agora hai outro comensal na mesa!

Si, quizais sexa algo estresante ás veces, pero é o pequeno prezo a pagar pola satisfacción de ver ao teu bebé aprendendo a comer como os maiores.

Conforme adquira experiencia coa culler, podes ensinarlle a usar outros utensilios máis avanzados, como os cubertos infantís. E como os nosos babeiros son suaves e se poden axustar ao pescozo, non pasa nada se se derrama algo.

Unha cousa si que che podemos garantir (ademais do caos): co teu bebé á mesa, será imposible que te aburras á hora de comer.

Velaquí todos os cubertos, os pratos e as cuncas infantís.
Un neno pequeno cun babeiro GRÖNFINK sentado nunha mesa de comedor collendo anacos brandiños de froita dunha táboa de cortar con cubertos SMASKA.
Velaquí todos os cubertos, os pratos e as cuncas infantís.