Ideas para cuartos infantís
Aquí dámosche todo tipo de consellos e ideas, desde o momento no que nace o teu bebé até solucións para o teu fillo ou filla ter as cousas no seu sitio. Xogar, almacenar, personalizar o espazo e máis: velaquí todo o que precisas para facer do teu fogar un lugar mellor para todos os seus integrantes.
Bebés
O teu fogar está preparado para todas as etapas, desde os primeiros agarimos até os primeiros pasos. Descubre ideas para crear un espazo seguro, relaxante e práctico para vivir co teu bebé.
Renovacións e melloras
Consonte medran, as necesidades dos e das máis pequenas cambian. E o teu fogar pode cambiar con elas. Descubre algunhas renovacións sinxelas e melloras intelixentes para que todo siga funcionando perfectamente.
Almacenaxe e organización
Xoguetes, roupa, libros e o resto: telo todo en orde non é doado en absoluto. Descubre algunhas ideas de almacenaxe intelixente para axudar as e os máis pequenos a manter a orde.
Xogo e aprendizaxe
Os xogos son a forma na que exploran o mundo. Encontra inspiración para crear espazos divertidos que prendan a faísca da creatividade, fomenten a aprendizaxe e medren ao seu ritmo.
Seguranza
Un fogar seguro significa tranquilidade para todos e todas. Aprende a crear espazos seguros para os nenos e nenas acadaren maior independencia.