Saltar

Xa podes sentar... se queres

Podemos sentar un momento, por favor? Podemos! Despois de anos rebrincando dun lado para outro, os máis pequechos chegan a unha idade na que aprenden a concentrarse no que teñen entre mans. Iso non quere dicir que xa non teñan imaxinación, senón máis ben que agora todo se desenvolve dentro da súa cabeza e non por todo o cuarto. Agora hai que cambiar a decoración para adaptala á súa personalidade e facer oco para un escritorio.

Cuarto infantil coa cama SLÄKT no medio, con roupa de cama NATTHÄGER; no fondo, poden verse uns armarios e unha fiestra.

Dámosvos a benvida ao novo sitio favorito do cuarto

Falamos do escritorio! É o sitio para facer os deberes e traballos manuais, practicar pasatempos, ler ou construír o que che pete, entre outras cousas. A parede de arriba é unha galería de arte persoal en constante cambio, e as caixas do módulo de almacenaxe TROFAST cambiáronse por unhas cestas de malla. Onde antes había xoguetes infantís, agora hai material para facer traballos manuais da serie SOLFÅGEL.

Velaquí todo o material escolar e para traballos manuais
Recuncho dun cuarto infantil coas paredes pintadas de azul claro, un escritorio RELATERA e moitos debuxos de cores na parede.
Primeiro plano dun sistema de almacenaxe TROFAST branco con caixas de plástico e cestas de malla, e un cabalete SOLFÅGEL enriba.
Velaquí todo o material escolar e para traballos manuais

Unha cama que evoluciona ao mesmo ritmo que o fan os teus fillos

Como de seguro xa puideches observar, os nenos e as nenas medran decontado. A cama SLÄKT con todos os seus accesorios é unha das poucas cousas capaces de seguir o ritmo dos teus fillos e de crecer á mesma velocidade. Pode modificarse, completarse e adaptarse con solucións como diferentes módulos de almacenaxe, accesorios ou o puf/colchón pregable. Este último pode empregarse tamén como asento adicional no cuarto, como un cómodo respaldo e, por suposto, como unha base brandiña para xogar no chan.

Velaquí a serie SLÄKT
Varias solucións da serie SLÄKT, como unha cama, a cabeceira, unha caixa de almacenaxe con rodas e un puf/colchón pregable. Tamén pode verse a roupa de cama NATTHÄGER.
Velaquí a serie SLÄKT

Vai sendo hora de renovar a cama

Ninguén imaxinará que é a mesma cama que cando tiñan 3 anos, mais si que é. Parece outra completamente distinta, coa funda de tea da cabeceira, a solución de almacenaxe con petos para a cama MÖJLIGHET para gardar libros ou calquera cousa que se che ocorra, ou o novo xogo de funda nórdica e de almofada NATTHÄGER.

Velaquí toda a roupa de cama infantil
Primeiro plano da cama SLÄKT cunha solución de almacenaxe con petos para a cama MÖJLIGHET e o xogo de funda nórdica e de almofada NATTHÄGER cun estampado de cebra.
Velaquí toda a roupa de cama infantil

A solución de almacenaxe de xoguetes tamén medrou

Onde antes adoitaba haber caixas de plástico cheas de xoguetes, agora hai cestas de malla con material para facer traballos manuais, libros e todo tipo de artigos coleccionables. O sistema TROFAST segue na estancia e, como ocorre coa cama, adaptouse aos novos gustos e as necesidades dos teus fillos. Que podemos facer coas antigas caixas de plástico? Adquire as tampas a xogo para meter dentro o que queiras e encastelalas onde che apeteza.

Velaquí o sistema TROFAST
Módulo de almacenaxe TROFAST no chan e montado na parede con caixas de plástico e cestas de malla, así como varios xoguetes perfectamente ordenados.
Velaquí o sistema TROFAST

A maxia das letras

O momento no que os teus fillos aprenden a ler debería ser motivo dunha gran celebración, xa que marcará un antes e un despois na súa vida. É pura maxia, e a libraría BERGIG serve para render tributo tanto a ese acontecemento tan importante como a todos os libros que o fixeron posible.

Velaquí ideas para gardar libros infantís
Primeiro plano da libraría con almacenaxe BERGIG chea de libros e peluches nun cuarto infantil cunha parede pintada de azul claro.
Velaquí ideas para gardar libros infantís

A chave para ter ordenado o cuarto

Todo o mundo verá un bonito cuarto ordenado á perfección, pero nós veremos varias solucións de almacenaxe flexibles. Esa é a chave para ter o cuarto en condicións. Temos, por exemplo, a serie SLÄKT con caixas de almacenaxe para poñer debaixo da cama, a solución de almacenaxe con petos para a cama MÖJLIGHET, o armario GODISHUS e a libraría con almacenaxe BERGIG. Non podemos esquecer a solución de almacenaxe TROFAST da outra parede, onde se gardan todos os xoguetes, o material para facer traballos manuais e todas as creacións dos teus fillos. Cando hai sitio para todo, ata os máis pequechos poden ordenar o cuarto.

Vista completa dun cuarto infantil con paredes pintadas de azul, unha cama no medio, uns armarios no fondo e a alfombra NATTHÄGER no chan.

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos infantís e de bebés