Saltar

Unha vida chea de diversión

Un bebé pon patas arriba toda a túa vida, pero o teu fogar seguirá a ter o mesmo espazo que antes. Por sorte, hai moitos xeitos de facer oco no fogar ao novo membro da familia. Crea no teu dormitorio un recanto para o bebé e aproveita todo o que poidas o espazo que xa tiñas. Non é complicado, pero si moi divertido.

Un dormitorio cunha cama grande en primeiro plano e un berce no fondo, varios andeis con libros e moitos cadros.

O ambiente que rodea o berce

O primeiro que ves nada máis abrir os ollos define sen dúbida como será o resto do día. Pois o mesmo ocorre co teu bebé. Que é o primeiro que ve o teu bebé nada máis espertar no berce? Se queres que sexa algo alegre e divertido, coloca preto o móbil SANDBI.

Móbil SANDBI visto dende abaixo con varias figuras de cores como unha folla, un abellón e unha xoaniña.

Se o bebé puidese elixir, seguro que buscaba o máis sinxelo

Un bebé non pide demasiado, así que déixate inspirar por isto e trata de buscar sempre o máis sinxelo. Case todo o que vas precisar durante o primeiro ano de vida do teu bebé cabe na mesa para cambiar o bebé GULLIVER. Usa caixas máis pequenas para telo todo ordenado e á man.

Velaquí todas as mesas para cambiar o bebé
Mesa para cambiar o bebé GULLIVER xunto a unha cómoda BRIMNES con varias pezas de roupa de bebé penduradas dunha barra MULIG situada enriba.
Primeiro plano dunha mesa para cambiar o bebé GULLIVER con cueiros, chupetes, cremas, mantas e outros artigos necesarios para un bebé.
Velaquí todas as mesas para cambiar o bebé

Baixamos a vista ao chan

Vas ter que acostumarte a que o chan se converta no centro do universo porque vas pasar moito tempo nel: é un lugar dende onde o teu bebé comezará a descubrir o mundo que o rodea. A alfombra de xogo SANDBI fará que o chan sexa máis brandiño e divertido. A serie SANDBI inclúe tamén un axóuxere e outros xoguetes que o teu bebé seguro que adorará.

Velaquí a serie SANDBI
Unha nai faille cóxegas ao seu bebé, que está tombado sobre unha alfombra de xogo SANDBI verde xunto a un sofá verde cun repousapés vermello no fondo.
Primeiro plano dun bebé tombado nunha alfombra de xogo SANDBI mentres un adulto sostén preto da cámara un axóuxere SANDBI verde con forma de ra.
Velaquí a serie SANDBI

Artigos esenciais para durmir, agora máis indispensables que nunca

Un bebé fai que reconsideres moitas cousas da túa vida, e algo que seguro que vai cambiar moito é o teu xeito de durmir. Tanto ti como o teu bebé estaredes desexando que chegue a hora de durmir, así que tenta facelo nas mellores condicións. O estor opaco FRIDANS impedirá que a luz entre no cuarto a calquera hora do día. Ademais, manéxase cunha barra e non cunha corda, así que resulta máis seguro para nenos e nenas de todas as idades.

O purificador de aire UPPÅTVIND é unha solución compacta que queda moi ben en calquera sitio e ofrece aire limpo de xeito constante no cuarto. Proporciona tres niveis de velocidade para o ventilador, así que elixe o máis silencioso para durmir. Xa só faltan un par de peluches para que cubras todas as necesidades básicas, coas que todos os membros da familia poderán gozar dun descanso de calidade.

Primeiro plano dunha fiestra cun estor opaco, un purificador de aire UPPÅTVIND e unha lámpada de mesa no peitoril.

Vén ben que a cama sexa tan pequena...

E o que pasa é que as sabas do berce hai que cambialas con máis frecuencia que unha cama normal. Hai unha ampla variedade de produtos, como protectores de colchón e sabas axustables, que che facilitarán o día a día. Só tes que asegurarte de telos todos preto do berce para que sexa máis rápido. Calquera caixón que teñas preto pode valer.

Velaquí todos os tecidos para bebé
Imaxe dende arriba dun berce GULLIVER xunto a unha cama BRIMNES cun dos caixóns de debaixo da cama aberto.
Velaquí todos os tecidos para bebé

Un bebé supón un antes e un despois para sempre, e un cambio temporal nos teus hábitos de descanso

Un bebé non precisa moito espazo, xa que practicamente todo o que require cabe nun recuncho do teu dormitorio. Pero, como xa poderás imaxinar, é algo que supón un antes e un despois na túa vida. Cada día é algo novo e emocionante, así que tenta buscar o xeito de relaxarte co teu bebé e afacerte ao cambio. E lembra: igual que o bebé, ti tamén precisas descansar, así que acondiciona ben a cama. Ten que ter todo o necesario para que poidas durmir a sono solto sempre que as circunstancias o permitan.

Velaquí todos os mobles
Unha cama feita con roupa de cama BJÖRKGRÅMAL, varios adornos de cores pendurados do teito e o berce do bebé no fondo.
Velaquí todos os mobles

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos