Saltar

Un espazo inspirado no mar para soñar e soltar as rendas da creatividade

O mar e as marabillosas criaturas que viven nel serven como fonte de inspiración para este dormitorio moderno dun adolescente. O teito inclinado podería ter suposto certas dificultades, pero segue a haber moito espazo para soltar as rendas da creatividade, cultivar a amistade e medrar.

Un cuarto con teito inclinado e grandes fiestras. No medio da estancia hai dous escritorios PÅHL, preto de dúas camas e varias solucións de almacenaxe TROFAST.
Un cuarto con teito inclinado e grandes fiestras. No medio da estancia hai dous escritorios PÅHL, preto de dúas camas e varias solucións de almacenaxe TROFAST.

Os amigos tamén teñen un sitio de seu

Os amigos son sempre benvidos, e hai unha cama adicional que serve como sofá ou para que os invitados poidan quedar a durmir. O branco das camas, as paredes e o teito, e o azul e o turquesa dos téxtiles contribúen ao ambiente inspirado no mar deste recuncho para durmir ou pasar o tempo.

Velaquí todas as camas infantís
Dúas camas SLÄKT brancas con 3 caixas de almacenaxe e roupa de cama BLÅVINGAD, unha pegada á outra, nun dormitorio co chan de madeira.
Unha cama con roupa de cama BLÅVINGAD e dous coxíns BLÅVINGAD de cor turquesa no recuncho dun cuarto co teito inclinado.
Velaquí todas as camas infantís

Suavidade e comodidade para os teus fillos

Dende suave roupa de cama ata alegres coxíns de cores, atoparás multitude de artigos téxtiles para darlle á habitación dos teus fillos un sopro de aire fresco sen gastares unha fortuna.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Velaquí todos os téxtiles para nenos

Un espazo creativo na metade do cuarto

Estes dous escritorios ofrecen un magnífico lugar para soltar as rendas da creatividade. Se o teu fillo está a facer algunha manualidade, non terá que recoller todo o material para poñerse a facer as tarefas, por exemplo. As súas superficies brancas son como un lenzo en branco onde comezan fantásticos proxectos.

Velaquí todos os escritorios infantís
Unha cadeira de escritorio infantil ÖRFJÄLL á beira de dous escritorios PÅHL de cor branca, preto de varias solucións de almacenaxe TROFAST e unha fiestra.
Unha bandexa de almacenaxe TROFAST con compartimentos enriba dun anaco de papel do rolo de papel para colorear BLÅVINGAD.
Velaquí todos os escritorios infantís

Solucións de almacenaxe adaptadas ao espazo e ao estilo

Esta solución de almacenaxe consta de estruturas de varios tamaños e formas para crear unha combinación que se adapte a un espazo atípico, como é o caso deste teito inclinado. Escollemos caixas de cor branca, gris e gris verdoso, que combinan moi ben co estilo da habitación.

Velaquí o sistema TROFAST
Varias combinacións de almacenaxe TROFAST no chan e montadas na parede, nunha habitación luminosa co teito inclinado.
Velaquí o sistema TROFAST

Caixóns para almacenaxe e exposición

Poñer varias cómodas iguais unha ao lado da outra ofrece moito espazo para gardar e organizar a roupa. Ademais, permite acadar un ambiente tranquilo e apracible, e enriba delas hai unha chea de espazo para colocar as manualidades que faga o teu fillo.

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Tres cómodas de 3 caixóns SMÅSTAD/PLATSA en ringleira baixo uns adornos inspirados en animais acuáticos que penduran do teito inclinado.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos