Saltar

Un dormitorio único e moderno nun curruncho

Pode que estea nun curruncho, mais este dormitorio para nenos ten un toque divertido e dramático cheo de carácter. Os accesorios elegantes, os tecidos rechamantes e a gran cantidade de solucións de almacenaxe superintelixentes crean un espazo brillante, pronto para ser a estrela do espectáculo.

Cama alta SMÅSTAD branca, cun escritorio con cadeira xiratoria ÖRFJÄLL diante e unha boa de plumas sobre o respaldo.
Cama alta SMÅSTAD branca, cun escritorio con cadeira xiratoria ÖRFJÄLL diante e unha boa de plumas sobre o respaldo.

Unha cama alta onde plasmar o teu estilo

Esta sinxela cama alta branca crea unha base sólida sen apartarse do estilo do dormitorio, que queda reflectido por medio de accesorios, tecidos e iluminación en cores alegres, así como con toques de dozura, como o papel pintado con degradado pastel. Todo funciona de maneira conxunta para crear un espazo vivo e cheo de enerxía positiva.

Velaquí todas as camas altas
Cama alta SMÅSTAD branca cun escritorio cunha lámpada de traballo LED KRUX branca acesa e unha cadeira xiratoria ÖRFJÄLL diante.
Espello NISSEDAL branco, pendurado dunha parede entre unha cama alta SMÅSTAD e un colgadoiro vertical PLOGA con sombreiros e accesorios.
Velaquí todas as camas altas

Declara as túas intencións con estas pezas

Estes básicos versátiles de aspecto impecable son a base ideal para dar vida ao teu estilo persoal en todo o dormitorio. Inclúe accesorios divertidos para darlle un toque de estilo.

Almacenaxe intelixente que brilla con cor

Velaquí temos unha zona relaxante sen nada que esconder. Con cores primarias suaves, estas caixas de almacenaxe de malla metálica crean un curruncho de cor de seu. O acabado de malla transparente suaviza a cor, o que favorece a sensación de degradado, ademais de resaltar o contido sen alterar o aspecto xeral.

Velaquí o sistema TROFAST
Estrutura TROFAST branca, cunha combinación de caixas de almacenaxe de malla de cor vermella, azul e verde, cun coxín e uns auriculares enriba.
Velaquí o sistema TROFAST

Transforma a túa almacenaxe con cores

Mestura e combina estas caixas de almacenaxe para crear combinacións de cores que realcen o teu espazo e darlle de paso un fogar sinxelo á túa roupa e demais cousas.

Pronto para deseñar a escena?

Axudantes útiles, como un aro de luz, un espello e un soporte, e un curruncho acolledor, combinados con papel pintado en tonalidades pastel, crean un espazo versátil que sempre está preparado para saír en pantalla. É perfecto para todo tipo de estilos e fondos, desde fantástico e futurista ata floral e retro.

Velaquí todos os produtos de electrónica para o fogar
Unha moza diante dun portátil, cun aro de luz regulable STÄNKREGN enriba. Ó lado, na parede, hai un espello GRANVÅG rosa.
Velaquí todos os produtos de electrónica para o fogar

Elegantes asistentes de estudo

Grazas ao seu aspecto fantástico e as súas funcións útiles, estes produtos permiten fomentar a creatividade e deseñar o evento.

Tecidos para un estilo relaxado

Enche o espazo con tecidos acolledores, fondos divertidos, coxíns moles de cores, alfombras, cortinas e roupa de cama suave para crear zonas atractivas e acolledoras nas que se relaxar. Súmalle a isto detalles con diferentes texturas e estampados para un ambiente único, como se fose doutro mundo.

Velaquí todos os tecidos
Unha moza tombada nunha cama cuberta con roupa de cama NATTSVÄRMARE lila e coxíns con fundas ODDNY e SVARTPOPPEL.
Unha moza cun ukelele tombada nunha cama e apoiada en coxíns con fundas SVARTPOPPEL e SANELA e con roupa de cama NATTSVÄRMARE.
Velaquí todos os tecidos

Reinventa a comodidade cun toque de fantasía

Velaquí tes algunhas ideas que te axudarán a crear un espazo relaxante propio. Mestura cousas para conseguir un estilo fresco e animado.

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos