Saltar

Sé intelixente e escoita ao teu fogar

O son é un poderoso amplificador do estado de ánimo. Ao igual que a luz, pode ofrecer ese ambiente cálido que che di que estás na casa. IKEA xuntou os seus coñecementos en decoración e produtos para o fogar coa vasta experiencia en son de Sonos para crear os altofalantes wifi SYMFONISK e proporcionar un son de verdade ao teu fogar.

Por que wifi?

A conexión wifi transmite música, podcasts e radio dende a túa rede en lugar do móbil ou a tableta para que non se produzan molestas interrupcións de notificacións ou chamadas de teléfono. É intelixente e sinxelo, e non perderás nin unha nota.

SYMFONISK é tan bo como soa

É moi fácil de usar. Só tes que enchufalo, descargar a aplicación Sonos no teu teléfono ou tableta, abrir a aplicación e seguir os pasos para empezar a escoitar. Poderás facelo todo dende aí: conectar o dispositivo á rede wifi e axustar o altofalante coa tecnoloxía Sonos Trueplay ou engadir o teu servizo de contidos favorito.

Os teus altofalantes crearán ambiente en cada cuarto

Controla cada altofalante individualmente co audio multiroom. Deste xeito, poderás reproducir música nun cuarto mentres os máis pequenos da casa escoitan un audiolibro noutra. Se o prefires, podes reproducir o mesmo son en toda a casa. Reproduce, pon en pausa ou salta cancións e axusta o volume cos controis da aplicación Sonos.

Crea un par estéreo

Poderás agrupar dous altofalantes SYMFONISK idénticos no mesmo cuarto para crear un maior efecto estéreo. Un altofalante actuará como a canle esquerda e o outro, como a dereita. Co son estéreo, parece que o son se oe dende varias direccións, ademais de dotalo de profundidade e perspectiva, ao igual que ocorre coa audición natural.

Sistema de cine na casa

Tamén poderás emparellar os mesmos altofalantes (dúas lámpadas de mesa con altofalante SYMFONISK ou dous altofalantes andel) que uses para a música cun produto de cine na casa Sonos para usalos como canle esquerda e dereita da túa experiencia de son envolvente Sonos.

Lámpada de mesa con altofalante SYMFONISK

Esta lámpada de mesa con altofalante intégrase no teu fogar e aforra espazo. Ao ter 2 funcións en 1 (luz e son), terás que ocultar un cable menos e necesitarás un enchufe menos.

Altofalante andel SYMFONISK

O altofalante andel, galardoado co premio Red Dot, pode usarse tamén como andel pequeno de parede ou como mesa de noite para o móbil ou un libro.