Saltar

Experimenta o efecto das almofadas ergonómicas

A comodidade cando dormes é a clave para sacarlle o máximo partido ao teu día. Cremos no poder de durmir. E cando a túa cabeza e o teu pescozo están ben apoiados nunha almofada, dormes inda mellor. Pero as persoas dormen de formas distintas. Algunhas fano boca arriba, outras de costado e outras cambian de posición moitas veces durante a noite. Por iso as nosas novas almofadas ergonómicas teñen moitas formas e tamaños, para que todo o mundo poida durmir como bebes e espertar coas pilas cargadas.

Distintas posicións, mesmo efecto

Dormes boca arriba, de lado ou nun punto intermedio? Da igual cal sexa a túa postura para durmir, hai unha almofada ergonómica que se adapta ao teu corpo e che permite gozar dun descanso de calidade.

Para os que dormen boca arriba

A pendente na almofada ergonómica MJÖLKKLOCKA proporciona un bo soporte para o pescozo e a parte superior das costas, mentres que o recheo raiado de RUMSMALVA arrola a cabeza. Para relaxarte como nunca.

Para os que dormen de costado

Como non é nin demasiado dura nin demasiado branda, a túa cabeza e o teu pescozo séntense abrazados pola almofada ROSENSKÄRM. E non te deixes enganar polo aspecto normal de PRAKTVÄDD, ten un interior que te leva ao ceo dos que dormen de costado.

Un pouco de todo

Algunha vez te preguntaches como sería durmir nunha nube esponxosa? Proba a almofada SKOGSLÖK, cunha forma que che dá comodidade independentemente da posición. Ou KLUBBSPORRE, que ten unha suavidade confortable que mantén a túa cabeza, pescozo e ombros relaxados toda a noite, incluso se te moves ou das a volta.

Deseñadas para durmir como un tronco

Para atopar a almofada perfecta para un sono reparador, empeza coa posición na que dormes e despois busca beneficios e características específicos para as túas necesidades individuais. Por exemplo, ROSENSKÄRM, cunha forma ergonómica típica, creouse para promover un aliñamento adecuado e mellorar o descanso. Aguanta o pescozo e os ombros para que poidas relaxarte completamente, e adáptase á forma natural do corpo boca arriba ou de costado. Sexa cal sexa a forma do teu corpo e como dormes, hai unha almofada ergonómica para ti.

Unha almofada, dúas posicións para durmir

Dado que a maioría das persoas se moven durante a noite, as nosas seis almofadas ergonómicas teñen un recheo que se adapta a un mínimo de dúas posicións para durmir. A MJÖLKKLOCKA, cunha forma única, ten un lado máis grande que crea un oco para os teus ombros, o cal é ideal para quen dorme de costado. Pon o lado pequeno cara arriba para que os músculos do pescozo poidan relaxarse totalmente no oco ao durmir boca arriba.

O lado fresco da almofada

Non é un segredo que a temperatura afecta á calidade do sono. Ter moito calor de noite pode ser molesto ou incluso pode facerche espertar.

A nova almofada ergonómica KLUBBSPORRE conta cun material refrescante que mantén a túa temperatura corporal e proporciona unha superficie calmante na que durmir profundamente. Escolle o lado que prefiras, un é máis fresco ca o outro.

Para ofrecer a máxima comodidade, creamos as nosas almofadas ergonómicas cunha espuma que non é sensible á temperatura. Isto implica que a túa almofada manterá a suavidade sen importar se vai frío ou calor no dormitorio.