Todo o que precisas para transformar o baño nun oasis de relax. O deseño tradicional e a atención aos detalles, como o vidro e o acabado cromado, crean un estilo acolledor, perfectamente combinado.
Detalles do produto
3 anos de garantía. Consulta as condicións no folleto de garantía.
Podes axustar o andel da ducha á altura que che sexa máis conveniente grazas ao accesorio flexible da guía.
A superficie cromada é resistente, duradeira e doada de limpar.
H Preutz/N Karlsson
Medicións
- Ancho: 25 cm
- fondo: 13 cm
- Altura: 6 cm
Opinións dos clientes

Duchas eficientes para un pracer diario
Coas duchas VOXNAN, BROGRUND e VALLAMOSSE queremos axudarte a aforrar auga e enerxía mentres gozas dunha ducha quentiña. Para logralo tiñamos que atopar o equilibrio perfecto entre a presión do asperxido da ducha e o consumo de auga. Como podiamos descubrir cal era o equilibrio correcto? Era cuestión de pór o traxe de baño e abrir a billa.
Pero antes diso (antes, mesmo, de mirar todos os detalles técnicos) entrevistamos a persoas de diferentes países sobre os seus hábitos de baño e ducha. Entón entendemos o importante que poden ser uns minutos debaixo na ducha. Non se trata só de hixiene, meterse na ducha tamén pode ser unha forma de aliviar o estrés e relaxarse: de tomar un momento para un mesmo ou simplemente espertar a un novo día. Cando lavas os ollos na ducha, o chorro de auga axúdate a despexarte dun xeito natural. Pero sabías que só o 3% de toda a auga do planeta é auga doce? E a maior parte dela está conxelada. Así que, como a auga doce é un recurso escaso para calquera forma de vida, non debemos desbaldila.
O motor da ducha
Aquí é onde entra en xogo a gama de duchas. Queremos simplificar o aforro de auga e enerxía. Grazas á tecnoloxía intelixente, a billa monomando con termóstato e o brazo de ducha, resulta máis sinxelo. Antony Smith, que formaba parte do equipo de desenvolvemento de duchas, traballou con billas e duchas dende que terminou a universidade hai xa moitos anos. Describe o monomando con termóstato como o motor da ducha: "É o monomando o que garante un fluxo de auga uniforme e unha boa temperatura". Antony explica que grazas á billa monomando con termóstato, se alguén abre a auga na cociña, non lle afectará á auga da ducha. Podes continuar cantando tranquilamente na ducha, sen risco de queimarte nin de conxelarte. As billas desenvolvidas polo noso equipo teñen tamén un botón de parada de seguridade a 38 °C, de xeito que non hai o risco de que alguén, por exemplo, un neno, suba a temperatura accidentalmente.
Proba de ducha en traxe de baño
Outra clave importante para crear unha ducha cómoda e sostible é poñerlle unha pequena arandela no brazo da ducha para regular o caudal de auga. O reto para o equipo era atopar o equilibrio perfecto entre o caudal e a presión da auga, de xeito que se poida utilizar menos auga sen que iso afecte á experiencia de ducha. Só había unha forma de saber se o equipo o fixera ben: "Cando fomos ao provedor de China para probar os primeiros prototipos, todos levamos o traxe de baño", comenta Antony sorrindo. Co traxe de baño posto, probou diferentes funcións de asperxido de auga: completo, malla, orballo, masaxe e varias combinacións diferentes. "A cada persoa gústalle ducharse ao seu xeito, e cos diferentes chorros que ofrecemos podes personalizar a túa experiencia de ducha. E talvez che preste pouco máis a ducha se sabes que é eficiente dende o punto de vista hídrico e enerxético".
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.
Funcionalidade
Pon todo onde o necesitas
Canso de todas as botellas espalladas pola ducha? Podes solucionar facilmente este problema coas repisas de ducha. Pódense colocar en calquera das barras de ducha IKEA existentes e teñen unha función intelixente que che permite axustalas cara arriba ou cara abaixo. Acabouse o agacharse: todos eses xampús, acondicionadores e demais cousas estarán ao alcance da man. A gama de accesorios de baño e os conxuntos de ducha están totalmente coordinados para que poidas gozar dunha ducha ordenada cun estilo persoal.