Saltar

VITBJÖRN Unidade de almacenaxe con caixón, branco/vermello, 80x55x78 cm

129€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Nesta casa, as e os máis pequenos poderán gardar a roupa no tellado e os xoguetes no andar principal. Inclúe un caixón rodante extraíble onde recoller todo ao acabar de xogar.

Número de artigo605.371.78

Detalles do produto

Almacenaxe práctica e resistente con espazo para roupa e cousas pequenas no teito e xoguetes máis grandes no caixón extraíble.

Nesta casa con almacenaxe a baixa altura, o teu fillo poderá chegar facilmente e ordenar a súa roupa, cousas pequenas e xoguetes por si só.

O caixón pódese extraer de calquera lado longo, xa que non está fixado á estrutura.

Deseñador

Charlie Styrbjörn

Número de artigo605.371.78

Información útil

Casa á perfección coas camas SLÄKT e KURA, así como coa serie de almacenaxe SMÅSTAD.

Pódese completar con caixas JÄTTEBJÖRN ou STUK para organizar o interior do caixón.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Panel lateral:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Lateral de caixón/ Separador:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Fronte de caixón/ Andel:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Porta/ Base do caixón:
NOTRANS, NOTRANS
Listón de apoio:
NOTRANS
Panel frontal:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Ancho: 80 cm
  • fondo: 55 cm
  • Altura: 78 cm
  • Ancho de caixón (int): 71 cm
  • Fondo de caixón (int): 51 cm
  • Altura caixón (int): 22 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

VITBJÖRN

Número de artigo605.371.78
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 66 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 87 cm
  • Peso: 15.38 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 58 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 81 cm
  • Peso: 19.13 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
13Opinións
Almacenamento para nenos VITBJÖRN con caixón grande, branco, taboleiro de fibra, perfecto para habitacións pequenas.

Almacenaxe para crianzas

Canto custa manter a orde nun dormitorio infantil! Para conseguilo, unha das opcións é utilizar solucións de almacenaxe que lles resulten divertidas e graciosas. A almacenaxe VITBJÖRN semella unha casa clásica por fóra, pero por dentro está chea de xoguetes, roupa e outras cousas que precisan un sitio de seu.

Os mobles de almacenaxe infantís teñen que ser funcionais, estables e seguros, porque a seguridade é a nosa prioridade. Mais isto non implica necesariamente que todos teñan que ser como as clásicas cómodas ou roupeiros. Sempre estamos na procura de novas solucións seguras e divertidas, e así naceu VITBJÖRN, con forma de casa clásica co tellado vermello. "Ten unha forma facilmente recoñecible por todo o mundo", di o deseñador Charlie Styrbjörn.

A inspiración vén dos xeados

VITBJÖRN é un moble baixo e robusto. Incorpora un caixón sobre rodas na parte inferior e almacenaxe detrás das portas escorregadizas que hai debaixo do tellado da casa. Se colocas o VITBJÖRN no medio da estancia ou co lado máis curto contra a parede, poderás acceder ao caixón e ao espazo de almacenaxe superior desde calquera dos dous lados. A inspiración para crear as portas escorregadizas vén da propia infancia de Charlie. "Encántanme as tampas escorregadizas que hai nos conxeladores das xeadarías e como hai que tirar delas para chegar ao prezado xeado". O divisor no medio da almacenaxe superior axuda manter a orde e evita que as crianzas máis curiosas fagan das súas.

Un sitio para as súas cousas

Extrae completamente o caixón e converte o espazo do fondo nun garaxe para coches de xoguete, nun mundo de dinosauros ou talvez nunha cabana secreta. E cando acaben de xogar, abonda con volver a pór o caixón no seu sitio. "Agardo que VITBJÖRN lles abra o apetito de xogar, pero que tamén represente un paso adiante para facerse responsables das súas cousas. Un espazo exclusivo e de seu".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.