Saltar
Novidade

VISSLAÅN Organizador colgante, 2 unidades, gris

4,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Abre o armario e atopa a túa paz interior. Este xogo de 2 organizadores colgantes é ideal para gardares a maquina de afeitar e os accesorios para o pelo. Combina á perfección con outros organizadores VISSLAÅN.

Número de artigo806.145.47

Detalles do produto

Pendúrase facilmente na parte posterior dos andeis de vidro no teu armario de parede ou armario con espello para non perderes os obxectos pequenos e liberar espazo no andel inferior.

O plástico transparente escuro crea unha impresión de sosego e permite ver o que hai dentro.

O deseño está pensado para que o axuste sexa perfecto nos andeis de vidro dos armarios de parede ou con espello HAVBÄCK, ÄNGSJÖN e TÄNNFORSEN. Tamén se poden combinar con outros mobles e estilos presentes no fogar.

Deseñador

Sarah Fager

Número de artigo806.145.47

Información útil

Produto apto para andeis de vidro de entre 4 e 6 mm de grosor.

Inclúe: 1 compartimento (18x8,4x12 cm) e 1 compartimento (7,4x7,2x15,5 cm).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Plástico PET (50 % reciclado como mín.)

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Medicións

Embalaxe

VISSLAÅN

Número de artigo806.145.47
  • Ancho: 13 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 21 cm
  • Peso: 0.32 kg
  • Paquete(s): 1

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"As mañás non sempre son fáciles, e aí é cando os organizadores VISSLAÅN entran en acción. Grazas a estas solucións prácticas e flexibles, as túas cousas estarán sempre no seu sitio e permitiranche darlles un fogar a botellas, cepillos e recipientes novos. Se xa hai moitas cousas no baño, proba a poñelos nun lugar menos cargado. Adoro o seu deseño transparente, porque permite ver todo o que hai dentro. Agardo que sexan quen de levar o sosego e a calma a aquelas mañás máis movidas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.