Saltar

VILDKORN Almofada baixa, 50x60 cm

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Boca abaixo

A almofada é firme, pero tamén mol e cun punto brando. O tecido de mestura de algodón e poliéster pódese lavar con frecuencia a temperaturas altas. Ademais seca rápido.

Número de artigo904.605.87

Detalles do produto

Unha almofada baixa de mantemento sinxelo, confeccionada cun tecido de mestura de algodón e poliéster, e rechea de fibras de poliéster obtidas a partir de materiais reciclados.

O recheo de boliñas de fibra é lixeiro, deixa circular o aire e é doado de abrandar.

Se adoitas durmir boca abaixo, esta é a almofada que precisas, porque che permite ter aliñadas as cervicais e a columna vertebral.

A almofada pódese lavar a 60 ºC, temperatura á que morren os ácaros.

Deseñador

Maja Ganszyniec

Número de artigo904.605.87

Información útil

Número de fíos 186.

O número de fíos é un valor que indica a cantidade de fíos por polgada cadrada do tecido. Canto maior sexa o número de fíos, máis resistente e densa será a tea.

Este produto pódese utilizar en hoteis pequenos e hostais, xa que o deseño e os materiais están optimizados para un uso e lavado frecuentes.

Produto probado e conforme á norma CAN/CGSB 4.2 n.º 27.5 sobre inflamabilidade. Responde ás esixencias de tempo de propagación da chama ≥7,1 segundos.

Produto probado e conforme á norma EN ISO 12952-1 sobre inflamabilidade.

Pódese completar cun protector de almofada.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS, NOTRANS
Recheo:
NOTRANS

Mantemento

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Medicións

  • lonxitude: 50 cm
  • Ancho: 60 cm
  • Peso do recheo: 410 g
  • Peso total: 475 g

Embalaxe

VILDKORN

Número de artigo904.605.87
  • Longo: 45 cm
  • Peso: 0.61 kg
  • Diámetro: 15 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.2Valoración media
861Opinións

Material

Como coidar dunha almofada de poliéster

Cun pouco de amor poderás prolongar a vida da túa almofada de poliéster e facer que sempre luza fresca. Utiliza un deterxente suave e pon a lavadora no ciclo de delicados a 60 °C, a temperatura á que morren os ácaros. Evita utilizar lixivias e suavizantes. As almofadas de poliéster pódense secar ó aire libre ou na secadora. Ventila a almofada con frecuencia, se é posible en contacto directo coa luz do sol.

Calidade

Unha almofada deseñada pensando en ti

En IKEA asegurámonos de que as nosas almofadas cumpran os estándares de calidade máis elevados. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para mellorar cada aspecto das almofadas. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do recheo, o confort e a durabilidade para garantir que cumpren os nosos rigorosos requisitos de calidade. Tamén facemos todo o posible por usar materiais duradeiros que che ofrezan un ambiente de descanso confortable e reparador durante moitos anos.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.