- De costas
- De lado
A almofada é firme, pero tamén mol e cun punto brando. O tecido de mestura de algodón e poliéster pódese lavar con frecuencia a temperaturas altas. Ademais seca rápido.
Detalles do produto
Unha almofada alta de mantemento fácil, confeccionada cunha mestura de poliéster e algodón, e rechea de fibras de poliéster obtidas a partir de materiais reciclados.
O recheo de boliñas de fibra é lixeiro, deixa circular o aire e é doado de abrandar.
Ideal se dormes de lado ou boca arriba e precisas unha almofada alta.
A almofada pódese lavar a 60 ºC, temperatura á que morren os ácaros.
Maja Ganszyniec
Medicións
- lonxitude: 50 cm
- Ancho: 60 cm
- Peso do recheo: 550 g
- Peso total: 615 g
Opinións dos clientes
Material
Como coidar dunha almofada de poliéster
Cun pouco de amor poderás prolongar a vida da túa almofada de poliéster e facer que sempre luza fresca. Utiliza un deterxente suave e pon a lavadora no ciclo de delicados a 60 °C, a temperatura á que morren os ácaros. Evita utilizar lixivias e suavizantes. As almofadas de poliéster pódense secar ó aire libre ou na secadora. Ventila a almofada con frecuencia, se é posible en contacto directo coa luz do sol.
Calidade
Unha almofada deseñada pensando en ti
En IKEA asegurámonos de que as nosas almofadas cumpran os estándares de calidade máis elevados. O noso equipo de desenvolvedores de produtos traballa arreo para mellorar cada aspecto das almofadas. Isto inclúe a realización de probas exhaustivas do recheo, o confort e a durabilidade para garantir que cumpren os nosos rigorosos requisitos de calidade. Tamén facemos todo o posible por usar materiais duradeiros que che ofrezan un ambiente de descanso confortable e reparador durante moitos anos.