Saltar
Novidade

VÄSTMÄRKE Soporte de carga sen fíos

14,99€
Completar cun cargador USB-C. IKEA recomenda un cargador USB-C SJÖSS de carga rápida.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Estás cociñando e necesitas as dúas mans? Ou estás a ver o teu programa favorita e queres pousar o teléfono? O soporte VÄSTMÄRKE vén ao rescate! Pousa o teléfono no cargador e continúa co que esteas a facer.

Número de artigo105.982.11

Detalles do produto

O soporte VÄSTMÄRKE é perfecto cando queres ler ou ver algo no teu teléfono mentres cociñas, por exemplo, e ao mesmo tempo o queres cargar.

Coloca o teléfono en horizontal ou en vertical, tanto ten, o potente imán evitará que caia.

Un cargador sen fíos feito de cortiza que lle dá un toque natural e cálido. Pódelo poñer en calquera parte da casa, combina moi ben co resto de mobles e presenta un bo agarre!

Deseñador

Lukas Bazle

Número de artigo105.982.11

Información útil

O cargador sen fíos VÄSTMÄRKE está deseñado para cargar ou alimentar dispositivos con certificación Qi.

O cargador sen fíos é compatible con Power Delivery (PD 3.0) e Quick Charge (QC 2.0).

O cargador sen fíos está certificado segundo os estándares de carga Qi 2.0 BPP (Baseline Power Profile) e MPP (Magnetic Power Profile)

O cargador sen fíos transfire enerxía ao dispositivo por medio dun campo electromagnético, sen necesidade dunha conexión eléctrica directa.

Utiliza aliñamento magnético para unha colocación precisa. Para unha carga máis óptima, quítalle a carcasa ao móbil e utiliza unha carcasa magnética compatible.

Compatible con Apple iPhone® 8 e modelos máis novos e Samsung Galaxy® S6 e modelos máis novos cando se utiliza cunha carcasa de móbil magnética.

Funciona coa maioría de teléfonos móbiles cando se utiliza cunha carcasa magnética compatible.

O tempo de carga varía segundo as pilas.

Temperatura de funcionamento do cargador: entre 0 e 40 °C.

Os compoñentes de seguridade integrados protexen o cargador sen fíos de curtocircuítos, sobrequecementos e sobrecargas.

Para limpar o cargador, primeiro desenchúfao e despois utiliza un pano limpo e seco. Desenchufa o cargador sen fíos cando non o esteas utilizando.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

Completar cun cargador USB-C. IKEA recomenda un cargador USB-C SJÖSS de carga rápida.

Inclúese cable de conexión de 120 cm de longo.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura inferior/ Parte superior:
Plástico de policarbonato
Soporte:
Cortiza

Mantemento

Desenchufa o produto da toma eléctrica e límpao cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Non colocar obxectos estraños, como obxectos metálicos, entre o dispositivo móbil e o cargador sen fíos. É posible que o dispositivo móbil non cargue correctamente ou que sufra danos por mor dun sobrequecemento.É normal que os aparellos se quenten durante a carga, comezarán a arrefecer gradualmente unha vez estean totalmente cargados.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

VÄSTMÄRKE Soporte de carga sen fíos105.982.11

Medicións

Embalaxe

VÄSTMÄRKE

Número de artigo105.982.11
  • Ancho: 8 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 12 cm
  • Peso: 0.17 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.4Recensión: 3.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 55Valoración media
55Opinións
3.4Recensión: 3.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 55Valoración media
55Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de

Accesorios para VÄSTMÄRKE