Saltar

VASSHOLMEN Cadeira int/ext, negro/branco

69,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Probado para: 110 kg

Como chegada directamente dun bistró francés. De estilo familiar, os materiais apenas requiren coidados e o deseño de ratán feito á man presenta unha elegancia atemporal. Perfecta para ceas ao aire libre.

Número de artigo305.037.40

Detalles do produto

O atemporal motivo gráfico do asento e o respaldo teceuse a man con ratán artificial e vai a xogo cos detalles en negro e branco que decoran as patas.

Resulta cómoda e agradable grazas á forma do asento e ao resistente plástico, que imita a vimbia.

Cada produto é único, porque foi feito á man por un artesán experto.

Os materiais resistentes apenas requiren coidados e acompañaranvos durante máis tempo.

Encantarache relaxarche e pasar o intre nesta cadeira mentres gozas dunha boa comida ou tomas algo refrescante ao aire libre. Como nun bistró francés, pero en casa.

Deseñador

Jon Karlsson

Número de artigo305.037.40

Información útil

Cada produto é unha peza artesanal única, polo que é posible que se produzan pequenas variacións na forma.

Para o interior ou exterior.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Marco:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Respaldo/ Asento:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Para prolongar a duración dos mobles de exterior límpaos con regularidade e non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección.

Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.

Non necesita mantemento.

Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.

Para unha calidade óptima, aperta de novo os parafusos cando sexa necesario.

Seguridade e conformidade

A cadeira foi probada para o seu emprego público no exterior e cumpre coas condicións de seguridade, durabilidade e estabilidade que establece a seguinte norma: EN581.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

VASSHOLMEN Cadeira int/ext305.037.40

Medicións

  • Probado para: 110 kg
  • Ancho: 58 cm
  • fondo: 60 cm
  • Altura: 92 cm
  • anchura do asento: 46 cm
  • Fondo do asento: 46 cm
  • altura do asento: 46 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

VASSHOLMEN

Número de artigo305.037.40
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 58 cm
  • Alto: 33 cm
  • Longo: 76 cm
  • Peso: 4.06 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 48 cm
  • Alto: 16 cm
  • Longo: 58 cm
  • Peso: 2.15 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
38Opinións

Accesorios para VASSHOLMEN

Material

Ratán e aluminio fáciles de coidar

A plástico imitación ratán combinado con aluminio resistente ao óxido e á intemperie é un material sólido que non necesita mantemento. O plástico é estable fronte aos raios ultravioleta e non se decolora, para prolongar así a vida do moble.

Calidade

Duradeiros para uso en exteriores

Obviamente, os produtos para exteriores están moito máis expostos ó sol, á choiva e á sucidade cós produtos para interiores. Por iso en IKEA seleccionamos coidadosamente os materiais e acabados dos produtos para exteriores, que ademais pasan por rigorosas probas para que te acompañen durante moitos anos.

Funcionalidade

Mobiliario para o aire libre

O noso mobiliario de exteriores fabricado con ratán plástico non só é ideal para relaxarse, tamén pode verllas con todo tipo de inclemencias. Mesmo se caen chuzos de punta! E se se ensucia, só tes que lavalo con auga e un limpador suave.

Form design process

Bonjour!

É fácil ver de onde veu a nosa inspiración para a cadeira VASSHOLMEN. Así é, os acolledores cafés e restaurantes franceses. A tradicional cadeira de bar é cómoda e acolledora, perfecta para tomar un café, cear ou reunirse cun amigo. A nosa versión tamén está feita a man e é resistente á intemperie. É unha combinación de forma e función nun moble encantador. É a nosa versión do deseño clásico francés e, por suposto, a un bo prezo para que poidas permitirche máis dun.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.