VÄSMAN Mesa extensible ext
Como conseguilo
Con esta resistente mesa poderás preparar ceas ao aire libre para moitas persoas. Pódea abrir unha persoa soa e, como as patas sempre quedan nos cantos, hai espazo abondo para as cadeiras.
Detalles do produto
Coa aba de extensión poderás ampliar o tamaño da mesa e sen ocupar máis espazo, xa que a podes gardar debaixo do taboleiro cando non a necesites.
Non hai dúas mesas iguais, xa que están feitas de madeira maciza de acacia, un material natural con variacións na cor e fermosas vetas que envellecen moi ben.
Está deseñada de xeito que non presenta unións cando se usa sen abrir.
A resistente estrutura inferior de aceiro con revestimento en po é fácil de limpar cun pano húmido.
Os tacos de goma das patas illan o moble do contacto con superficies húmidas.
David Wahl
Información útil
Para 4-6 comensais.
Recoméndase unicamente o uso no exterior.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Para prolongar a duración dos mobles de exterior de madeira, límpaos con regularidade, non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección e vernízaos de novo con frecuencia.
Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.
Mantemento. Para evitar que a superficie seque, fenda e penetre a humidade na madeira, recomendamos vernizar de novo os mobles con regularidade, por exemplo, unha ou dúas veces ao ano.
Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
VÄSMAN Mesa extensible ext304.690.34Consellos e instrucións de coidado
VÄSMAN Mesa extensible ext304.690.34VÄSMAN Mesa extensible ext304.690.34Medicións
- Lonxitude mínima: 135 cm
- Lonxitude máxima: 190 cm
- Ancho: 74 cm
- Altura: 75 cm
Embalaxe
VÄSMAN
Número de artigo304.690.34- Ancho: 76 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 140 cm
- Peso: 18.43 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 74 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 79 cm
- Peso: 10.43 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para VÄSMAN
Funcionalidade
De 4 a 8 persoas nun chiscar de ollos!
Dálle a benvida e toma asento na nosa primeira mesa extensible para exteriores VÄSMAN. Só necesitarás uns poucos movementos para crear rapidamente un espazo para 6-8 persoas nesta robusta mesa con superficie de madeira de acacia maciza. Abonda con tirar da sólida estrutura metálica e introducir a aba adicional que inclúe e listo! A elección perfecta para aquelas persoas ás que lles gusta relaxarse en compañía de familiares e amizades durante os días e seráns de calor.








