Saltar

VARMFRONT Cargdr universal, azul, 5200 mAh

12,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

VARMFRONT é o cargador portátil perfecto para levar de viaxe. Permíteche cargar 2 dispositivos á vez para nunca quedares sen batería.

Número de artigo705.556.47

Detalles do produto

Un cargador portátil, fiable e potente que podes levar sempre contigo cando saias de viaxe ou vaias de excursión para non quedar sen batería.

Podes cargar ata 2 dispositivos á vez, xa que o cargador ten 1 porto USB-A e outro USB-C.

O porto USB-C é rápido e potente e pode fornecer ata 12 W, dabondo para cargar as túas tablets rapidamente.

Funciona con móbiles Android e Apple, videoconsolas, iPad e outras tablets, así como con lectores de libros electrónicos (incluído Kindle).

Deseñador

David Wahl

Número de artigo705.556.47

Información útil

A batería externa inclúe 1 porto USB-A e 1 porto USB-C.

4 indicadores LED amosan gradualmente a carga que queda e pestanexan cando a unidade está cargando.

Equipado coa función de detección automática. O cargador USB está equipado coa función de detección automática e axusta a potencia de saída segundo o dispositivo conectado.

Capacidade: 5200 mAh/18,72 Wh.

Saída total: 12W.

Batería: ións de litio 3,6 V 5200mAh.

Porto de entrada USB-C: DC 5V, 2.1 A.

Porto de saída USB-C e porto USB-A: DC 5V, 2,4 A.

Non inclúe o adaptador para a carga.

Inclúense as pilas recargables de ións de litio.

Equipado con protección fronte a sobrecarga, o curtocircuíto e o sobrequencemento.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

A batería interna só debe sacala un experto.

É normal que se quente o cargador de baterías portátil durante a carga. Unha vez finalizada, arrefríase gradualmente.

Non expoñas o cargador de baterías ao contacto con auga.

Non modifiques, desmontes, abras, deixes caer ao chan, piques ou rompas o cargador de baterías.

Temperatura de funcionamento do cargador de baterías: de 0 a 45 ºC.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Emprega a batería con coidado para evitar facerlle un burato.Desenchufa o cargador de baterías da toma de corrente antes de limpalo ou cando non o empregues.En caso de perdas, non deixes que o líquido entre en contacto coa pel ou os ollos.O produto non é un xoguete e debe manterse afastado do alcance dos nenos.Non o abras, rompas, quentes a máis de 60 ºC ou queimes.

Montaxe e documentos

Medicións

  • lonxitude: 11 cm
  • Ancho: 5 cm
  • Capacidade: 5200 mAh
  • grosor: 2.7 cm

Embalaxe

VARMFRONT

Número de artigo705.556.47
  • Ancho: 6 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 11 cm
  • Peso: 0.18 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
26Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.