A vida é unha festa, aínda que a maior parte dos días sexan máis ben normais. Sácalles todo o proveito servindo bebidas quentes e frías nesta esta serie sinxela e atemporal feita de vidro temperado.
Detalles do produto
Deseño tradicional e acanalado en varias opcións, ideal para zume ou té. Apto para a lavalouza!
O deseño con dobras torna cada grolo nun verdadeiro deleite, tanto ten que estes a beber un zume acabado de facer, unha limoada fresquiña, un café a primeira hora ou un té pola tarde.
Produto feito de vidro temperado para maior solidez e resistencia. Apto para a lavalouza e ideal para o día a día.
A vidraría VARDAGEN mestura tradición con deseño atemporal e está dispoñible en distintos tamaños. Crea o conxunto perfecto para a túa mesa.
Preutz/Wihlborg/Braasch/Karlsson
Medicións
- Altura: 13 cm
- volume: 43 cl
- Unidades: 6 pack
Opinións
Opinións dos clientes

Deseñar para os gustos da xente de todo o mundo
Cociñas ás veces pratos doutras culturas? Entón formas parte dunha tendencia internacional chamada transculturalismo. Basicamente significa que os hábitos culinarios e alimentarios mundiais son moito máis parecidos do que crees. Como podemos responder a esta tendencia? Deseñamos a serie VARDAGEN con produtos que poden utilizarse de múltiples maneiras. En sueco, VARDAGEN significa "todos os días", e así é como deben utilizarse os produtos, vivas onde vivas.
"Os consumidores teñen acceso á diversidade cultural na cociña e a alimentación de todo o mundo", explica Ina Tidbeck Sjöblom, que axudou a crear os produtos. "Queren probar o mellor de todas as culturas, o que significa que non só en Asia necesitamos produtos para comer sushi".
Crear produtos para todas as nosas diferenzas (e similitudes)
Os produtos VARDAGEN están deseñados para converter as diferenzas en similitudes. Como a cunca para ovos. "Fixémola cunha forma que se parece máis a un cunco moi pequeno para mollar", explica Ina. "Así que tamén serve para a comida asiática, xa sabes, o cunco onde se pon a pasta de chile e outros condimentos". Outro cunco ten o tamaño e a forma xustos para ser un cunco de arroz en Asia, pero tamén pode utilizarse como cunco para ensaladas ou cereais.
Responder á demanda mundial de durabilidade
VARDAGEN adáptase de forma única ao mercado mundial, atendendo ás diferentes necesidades dos consumidores. Unha cousa na que a xente de todo o mundo parece estar de acordo é na importancia da durabilidade. "Sabemos por todos os estudos e investigacións que facemos que a xente non quere comprar e tirar cousas, quere comprar algo que dure", di Ina. Por iso VARDAGEN fabrícase con materiais duradeiros e sostibles, como vidro, porcelana e aceiro inoxidable. Iso significa que, tal como suxire o nome VARDAGEN, serán útiles todos os días durante moitos días máis.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Deseñamos a vaixela e a cristalería VARDAGEN para ofrecerche obxectos clásicos, tradicionais, que perduren moito tempo no teu fogar. Cada peza ten unha función específica, inspirándonos na artesanía tradicional. A atención aos detalles e as formas suaves e redondeadas crean un bonito marco para presentar os pratos. Estes obxectos caracterízanse pola sobriedade e a sinxeleza. Cada parte da serie ten un estilo que che axuda a lembrar e a crear novas experiencias.