Os produtos VARDAGEN están deseñados para converter as diferenzas en similitudes. Como a cunca para ovos. "Fixémola cunha forma que se parece máis a un cunco moi pequeno para mollar", explica Ina. "Así que tamén serve para a comida asiática, xa sabes, o cunco onde se pon a pasta de chile e outros condimentos". Outro cunco ten o tamaño e a forma xustos para ser un cunco de arroz en Asia, pero tamén pode utilizarse como cunco para ensaladas ou cereais.
VARDAGEN Medidas x5
Como conseguilo
Non temos nada en contra do de botar contas a ollo. Porén, o sabor perfecto conséguese coas medidas exactas. Grazas a estas cinco cuncas de medición poderás elaborar calquera tipo de receita, collen unhas dentro das outras e poderalas colgar dun gancho.
Detalles do produto
Consigue a cantidade perfecta de especias ou fariña ao cociñar.
Precisas de pouco espazo, xa que polas dimensións todos os artigos caben superpostos.
Pódense colgar nun gancho sobre a cociña para telos á man.
Preutz/Wihlborg/Braasch/Karlsson
Información útil
Inclúe as seguintes medidas: 1 mililitro, 1 culleriña de té, 1 culler, 1/2 decilitro e 1 decilitro.
Lava este produto antes de empregalo por primeira vez.
Os materiais deste produto son reciclables. Por favor, revisa as normas de reciclaxe na túa comunidade e se hai algunha instalación/punto de reciclaxe preto.
Unicamente para uso doméstico.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
Aceiro inoxidable
Mantemento
Apto para lavalouzas.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Medicións
Embalaxe
VARDAGEN
Número de artigo603.247.23- Ancho: 8 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 12 cm
- Peso: 0.15 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Deseñar para os gustos da xente de todo o mundo
Cociñas ás veces pratos doutras culturas? Entón formas parte dunha tendencia internacional chamada transculturalismo. Basicamente significa que os hábitos culinarios e alimentarios mundiais son moito máis parecidos do que crees. Como podemos responder a esta tendencia? Deseñamos a serie VARDAGEN con produtos que poden utilizarse de múltiples maneiras. En sueco, VARDAGEN significa "todos os días", e así é como deben utilizarse os produtos, vivas onde vivas.
"Os consumidores teñen acceso á diversidade cultural na cociña e a alimentación de todo o mundo", explica Ina Tidbeck Sjöblom, que axudou a crear os produtos. "Queren probar o mellor de todas as culturas, o que significa que non só en Asia necesitamos produtos para comer sushi".
Crear produtos para todas as nosas diferenzas (e similitudes)
Responder á demanda mundial de durabilidade
VARDAGEN adáptase de forma única ao mercado mundial, atendendo ás diferentes necesidades dos consumidores. Unha cousa na que a xente de todo o mundo parece estar de acordo é na importancia da durabilidade. "Sabemos por todos os estudos e investigacións que facemos que a xente non quere comprar e tirar cousas, quere comprar algo que dure", di Ina. Por iso VARDAGEN fabrícase con materiais duradeiros e sostibles, como vidro, porcelana e aceiro inoxidable. Iso significa que, tal como suxire o nome VARDAGEN, serán útiles todos os días durante moitos días máis.
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.




