Como conseguilo
15 ano de garantía
Os coitelos VARDAGEN están moi ben equilibrados, son duradeiros e permanecen afiados durante moito tempo. Estes 3 coitelos inclúe unha cómoda empuñadura de madeira de nogueira escura e son ideais para cortar, picar e descascar.
Detalles do produto
Este xogo de 3 coitelos é perfecto para cortar, picar e descascar alimentos a diario.
Como son coitelos de aceiro de molibdeno/vanadio mantéñense afiados moito tempo.
Grazas a que a espiga atravesa todo o mango, o coitelo é moi resistente e firme.
A empuñadura en nogueira escura é cómoda e facilita o agarre.
15 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Información útil
Lava este produto antes de empregalo por primeira vez.
Inclúe: 1 coitelo de cociña, 20 cm (lonx. total 32 cm), coitelo santoku, 16 cm (lonx. total 29 cm) e coitelo de estonar 9 cm (lonx. total 20 cm).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Folla/ Remache:
- NOTRANS
- Mango:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Afía o coitelo con regularidade para que manteña o fío.
Lavar a man.
Utiliza sempre unha táboa de cortar. Non cortes nunca directamente sobre o mesado. Nunca despraces un obxecto cos bordos irregulares ou rugosos sobre o mesado por risco de riscar a superficie.
É aconsellable tratar ocasionalmente a empuñadura de madeira con aceite apto para o contacto con alimentos.
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
VARDAGEN Coitelos, xogo de 3006.024.78VARDAGEN Coitelos, xogo de 3006.024.78Medicións
Embalaxe
VARDAGEN
Número de artigo006.024.78- Ancho: 19 cm
- Alto: 2 cm
- Longo: 38 cm
- Peso: 0.45 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.
Funcionalidade
O bo vén de tres en tres
O coitelo santoku VARDAGEN é un aliado versátil á hora de encarar os moitos e diferentes traballos da cociña. A palabra "santoku" en xaponés significa "tres virtudes" ou "tres usos". Isto fai referencia á capacidade do coitelo de cortar carne, peixe e verduras. Este é un coitelo equilibrado, cunha empuñadura cómoda en nogueira escura e con dentes no gume para evitar que a comida se pegue. O bo vén de tres en tres!



