VAPPEBY Altofalante portátil Bluetooth®
Tamén precisarás
Como conseguilo
Leva a música contigo: ó xardín, á praia ou mesmo ó baño. O altofalante portátil VAPPEBY é a proba de auga e ofrece unha sonoridade incrible para o tamaño que ten. Combina dous para gozar dunha calidade de son estéreo.
Detalles do produto
Un altofalante portátil discreto que emite un son claro e potente.
Moito son por pouco tamaño. Podes utilizar outro altofalante máis para desfrutar dunha calidade de son estéreo.
Se queres un son estéreo, podes mercar dous altofalantes iguais.
Conéctao e escoita música dende o teléfono móbil, o ordenador ou calquera outro dispositivo con conexión Bluetooth®.
O altofalante portátil con bluetooth VAPPEBY é fácil de usar e pódelo levar contigo onde queiras.
O altofalante é a proba de auga (IP67), apto para interiores e exteriores. Mesmo o podes tirar á auga sen medo a estragalo.
Unha vez totalmente cargada, a batería integrada ofrece 80 horas de música co volume ó 50%.
I Vuorivirta/T E Severin
Información técnica
VAPPEBY
Altofalante portátil Bluetooth®
Número de artigo105.918.13Cargador incluído | Non |
Medicións
- Altura: 8 cm
- lonxitude: 6 cm
- Ancho: 8 cm
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei o altofalante VAPPEBY, pequeno e impermeable, a miña cabeza estaba nunha praia bañada polo sol, con ceos azuis e despexados e as ondas do mar rompendo na area. Quería que estes altofalantes transmitisen unha sensación alegre e acolledora, sen esquecer un toque artístico e destacado, coas súas cores vibrantes. A música sempre anima o ambiente e teño a esperanza de que estes altofalantes vos axuden a crear momentos divertidos e felices. Unha maneira sinxela de crear lembranzas solleiras e alegres no xardín, na praia e no baño".