Saltar

VAPPEBY Altofalante Bluetooth, forma de cacahuete/rosa

44,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Baila coas luces de discoteca ao ritmo da túa música favorita ou durme como un tronco cunha luz nocturna e un conto. O altofalante con lámpada VAPPEBY será o novo mellor amigo do teu fillo ou filla, ademais de que é moi seguro e divertido.

Número de artigo605.151.24

Detalles do produto

Goza dos seus tres modos de luz: unha luz tenue que funciona como luz de noite, unha máis forte e unha de discoteca que ten varias cores que cambian ao ritmo da música que se estea a reproducir.

O son claro e nítido é o acompañamento ideal cando o teu fillo ou filla quere bailar coa súa música preferida ou escoitar un conto para durmir.

Conéctao e escoita música dende o teléfono móbil, o ordenador ou calquera outro dispositivo con conexión Bluetooth®.

O altofalante vén nun embalaxe cun estampado divertido, gárdao e reutilízao para almacenar cousas como xoguetes para nenos.

A correa facilita o transporte, o que animará ao teu fillo ou filla a xogar e moverse.

O altofalante bluetooth VAPPEBY ten formas redondas e cores alegres e simpáticas.

É fácil de cargar, xa que só hai que colocar o altofalante na placa de carga que vén incluída. Ademais, cargará sempre, independentemente da posición na que se atope.

Como pai ou nai, podes controlar o volume dos altofalantes fixando un límite dende o teu teléfono.

Unha batería completamente cargada ofrece 11-13 horas de música co volume ao 50%.

Deseñador

Iina Vuorivirta

Número de artigo605.151.24

Información útil

Inclúese o cargador.

Iluminación de LED integrada.

A fonte de luz ten unha vida útil de 25 000 horas aprox. Isto corresponde a uns 20 anos coa lámpada acendida 3 h ao día.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Carcasa:
NOTRANS
Cobertura:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Asegúrate de secar cun pano suave despois de cada lavado.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

VAPPEBY Altofalante Bluetooth605.151.24

Declaración de conformidade

VAPPEBY Altofalante Bluetooth605.151.24

Medicións

  • fondo: 13 cm
  • Altura: 19 cm
  • Ancho: 12 cm

Embalaxe

VAPPEBY

Número de artigo605.151.24
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 14 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.98 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.1Valoración media
18Opinións
Esta imaxe mostra un altofalante amigable para nenos cunha parte superior amarela e controis vermellos. Está situado nunha superficie de malla rosa.

Salta e baila!

É difícil acougar mentres oes unha boa canción. E máis aínda se a música se sincroniza con luces de cores, tipo discoteca. O altofalante VAPPEBY fai a música máis accesible para as e os máis novos da casa. E pódese utilizar en calquera cuarto da casa, mesmo no baño mentres lavas os dentes.

"Creamos un produto resistente á auga e robusto, imposible de romper por moito que caia ó chan", di Stjepan Begic. Stjepan participou no deseño de VAPPEBY e sabe o importante que a música é para moitos pequenos e para as súas familias. "Nunha enquisa aos pais, 82% dixo que lles gusta bailar cos seus fillos. A música está fortemente vinculada a momentos de alegría, mais agora levámolo a un contexto máis íntimo.

Música libre de pantallas

Para reproducir a música, o altofalante VAPPEBY conéctase vía Bluetooth a un dispositivo, como un teléfono ou unha tablet. "Deste xeito evitamos que os máis pequenos da casa utilicen a pantalla. Son moitas as mais e os pais que queren limitar o uso do teléfono móbil por parte dos seus fillos e, precisamente, este altofalante pon o foco na música". O son está conectado de tal maneira que a luz do altofalante palpita con diferentes cores e se sincroniza coa música. Igual ca unha lámpada disco profesional!

Un amigo da mañá á noite

VAPPEBY ten forma de animal, un amigo con gravata que funciona a modo de botón de on/off. O volume contrólase desde o nariz e podes saltar entre cancións premendo igualmente no botón da gravata. "As nenas e nenos a miúdo teñen dúas cancións que lles gusta reproducir repetidamente durante un certo período de tempo, e agora resultaralles máis fácil porque para facelo só teñen que premer un botón", explica Stjepan. E cando chegue a noite poderás colocar o VAPPEBY na súa estación de carga para telo preparado para un novo día de música e baile.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.