10 ano de garantía
Comodidade e seguridade cunha temperatura máxima de seguridade de 38 °C para evitar que a auga queza demasiado, así como unha función "toque frío" para garantir unha temperatura segura na estrutura da billa. O andel integrado mantén o xampú sempre á man.
Detalles do produto
10 anos de garantía. Consulta as condicións no folleto de garantía.
O sistema de seguridade do botón prevén que a temperatura da auga exceda os 38 ºC e deste xeito evitar queimaduras. Para que a auga saia máis quente, abonda con premer o botón no mando de control da temperatura.
O mesturador termostático está sempre morno ao tacto. Grazas á súa tecnoloxía antiqueimaduras, a superficie da barra do mesturador nunca se quenta e podes tocala sen ningún risco.
O andel integrado na billa é perfecto para esas botellas de xampú tan grandes que moitas veces non sabemos onde colocar na ducha.
A superficie de latón cromado é resistente, duradeira e fácil de limpar.
IKEA of Sweden
Información técnica
VALLAMOSSE
Mesturador termostato ducha, cromado, 150 mm
Número de artigo103.496.55Nome de marca | IKEA |
Tipo de ducha | Mezclador termostático para fixar a parede |
Consumo anual de enerxía | 636 kWh/p.a. |
Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
Temperatura da auga quente recomendada | 60-65°C (140-150°F) |
Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
Certificación de terceiros segundo os estándares locais | ACS, BELGAQUA, KIWA, PZH |
Medicións
- Distancia centro conexión: 150 mm
- Ancho: 265 mm
- fondo: 100 mm
Opinións dos clientes
Duchas eficientes para un pracer diario
Coas duchas VOXNAN, BROGRUND e VALLAMOSSE queremos axudarte a aforrar auga e enerxía mentres gozas dunha ducha quentiña. Para logralo tiñamos que atopar o equilibrio perfecto entre a presión do asperxido da ducha e o consumo de auga. Como podiamos descubrir cal era o equilibrio correcto? Era cuestión de pór o traxe de baño e abrir a billa.
Pero antes diso (antes, mesmo, de mirar todos os detalles técnicos) entrevistamos a persoas de diferentes países sobre os seus hábitos de baño e ducha. Entón entendemos o importante que poden ser uns minutos debaixo na ducha. Non se trata só de hixiene, meterse na ducha tamén pode ser unha forma de aliviar o estrés e relaxarse: de tomar un momento para un mesmo ou simplemente espertar a un novo día. Cando lavas os ollos na ducha, o chorro de auga axúdate a despexarte dun xeito natural. Pero sabías que só o 3% de toda a auga do planeta é auga doce? E a maior parte dela está conxelada. Así que, como a auga doce é un recurso escaso para calquera forma de vida, non debemos desbaldila.
O motor da ducha
Aquí é onde entra en xogo a gama de duchas. Queremos simplificar o aforro de auga e enerxía. Grazas á tecnoloxía intelixente, a billa monomando con termóstato e o brazo de ducha, resulta máis sinxelo. Antony Smith, que formaba parte do equipo de desenvolvemento de duchas, traballou con billas e duchas dende que terminou a universidade hai xa moitos anos. Describe o monomando con termóstato como o motor da ducha: "É o monomando o que garante un fluxo de auga uniforme e unha boa temperatura". Antony explica que grazas á billa monomando con termóstato, se alguén abre a auga na cociña, non lle afectará á auga da ducha. Podes continuar cantando tranquilamente na ducha, sen risco de queimarte nin de conxelarte. As billas desenvolvidas polo noso equipo teñen tamén un botón de parada de seguridade a 38 °C, de xeito que non hai o risco de que alguén, por exemplo, un neno, suba a temperatura accidentalmente.
Proba de ducha en traxe de baño
Outra clave importante para crear unha ducha cómoda e sostible é poñerlle unha pequena arandela no brazo da ducha para regular o caudal de auga. O reto para o equipo era atopar o equilibrio perfecto entre o caudal e a presión da auga, de xeito que se poida utilizar menos auga sen que iso afecte á experiencia de ducha. Só había unha forma de saber se o equipo o fixera ben: "Cando fomos ao provedor de China para probar os primeiros prototipos, todos levamos o traxe de baño", comenta Antony sorrindo. Co traxe de baño posto, probou diferentes funcións de asperxido de auga: completo, malla, orballo, masaxe e varias combinacións diferentes. "A cada persoa gústalle ducharse ao seu xeito, e cos diferentes chorros que ofrecemos podes personalizar a túa experiencia de ducha. E talvez che preste pouco máis a ducha se sabes que é eficiente dende o punto de vista hídrico e enerxético".
Material
Que son o zinc e o zamak?
O cinc é un elemento metálico, mentres que o zamak é unha mestura de zinc, aluminio, magnesio e cobre. Ambos son materiais duradeiros e fáciles de moldear en distintas formas. Son bos condutores da calor e a electricidade. Os obxectos de cinc ou zamak adoitan recibir un tratamento superficial que os asemella a metais como o ouro, o latón ou o aceiro inoxidable. Tanto o cinc como o zamak conservan as súas boas propiedades cando se reciclan para convertelos en novos obxectos.
Funcionalidade
Deseñado pensando na seguridade
Os mesturadores termostáticos de ducha IKEA teñen un botón de seguridade de 38 °C que debe pulsarse deliberadamente para alcanzar temperaturas máis altas, pero nunca superarán os 46 °C, que é seguro para a pel humana. Outra función intelixente é a tecnoloxía antiqueimaduras "toque frío", que garante que os mesturadores de ducha nunca se quentarán nin causarán queimaduras. Tanto se prefires un estilo moderno como uno máis tradicional, os mesturadores de ducha IKEA ofrécenche unha gran experiencia de ducha coa máxima seguridade.