Saltar

VALLABY Alfombra, verde, 100x133 cm

22,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Até o infinito e alén! Con esta alfombra e un chisco de imaxinación, a túa ou o teu pequeno poderán descubrir diferentes mundos e animais incribles mentres viaxan durante horas por cidades, desertos, montañas e lagos.

Número de artigo105.482.16

Detalles do produto

Esta alfombra grande ten un recheo mol polo que, ademais de divertida é tamén moi cómoda. Perfecta para as e os máis pequenos xogaren ou descansaren sobre ela cando xa non queiran seguir explorando.

Fagan sitio! O teu fillo ou filla botarán moitas horas enriba desta alfombra aparcando, conducindo un tren ou despegando un helicóptero. Ideal para combinar cos coches e coas figuras de xoguete da serie LILLABO.

O motivo foi deseñado de xeito que poidas engadir 2, 3, 4 ou máis alfombras para crear un mundo meirande.

O pelo da alfombra amortece os ruídos e ten un tacto moi suave e agradable.

Esta alfombra é ideal para protexer os pés contra os chans máis fríos e, ademais, inclúe unha capa de goma na parte inferior que evita que se mova do sitio.

Produto feito 100% a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

Sabemos que os nenos son moi sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non contén substancias daniñas para a pel ou a saúde dos pequenos.

A alfombra de fibras sintéticas é resistente ás manchas, duradeira e fácil de manter: a solución ideal para os xogos dos nenos.

Deseñador

S Edholm/L Ullenius

Número de artigo105.482.16

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Pelo:
NOTRANS
Lámina protectora:
100 % caucho sintético

Mantemento

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Aspira e rota a alfombra con regularidade.

Seguridade e conformidade

Este produto ten unha superficie de caucho termoplástico (TPE) que evita escorreduras. Para a función antiescorregante funcionar, é importante que as superficies do produto e o chan estean limpos e sen po.Recomendado a partir dos 18 meses.

Medicións

  • superficie: 1.33 m²
  • lonxitude: 133 cm
  • Ancho: 100 cm

Embalaxe

VALLABY

Número de artigo105.482.16
  • Longo: 102 cm
  • Peso: 1.42 kg
  • Diámetro: 9 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
191Opinións

Accesorios para VALLABY

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.