Saltar

UNDERHÅLLA Reloxo educativo de madeira, multicolor, 25 cm

5,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este reloxo analóxico axuda ao teu fillo a entender que o día se divide en 24 horas, que as 9 da noite son as 21 horas e a dicir a hora con intervalos de 5 minutos.

Número de artigo805.066.80

Detalles do produto

Este reloxo colorido e pedagóxico axuda ao teu fillo a aprender as cores, os números e a hora.

O teu fillo aprenderá a diferenciar as horas e os minutos grazas ao deseño das manecillas, que son de diferentes lonxitudes e cores.

As manecillas do reloxo deseñáronse para ser manipuladas con facilidade por dedos pequenos.

Desenvolve as habilidades motrices e o pensamento lóxico.

Podes polo na mesa ou colgalo da parede a modo de adorno.

Cada peza probouse de forma minuciosa para garantir que o reloxo é seguro.

Parte da serie UNDERHÅLLA: xoguetes educativos e clásicos que facilitan a aprendizaxe do alfabeto e o reloxo, a contar e a conexión entre formas e equilibrio.

Deseñador

Henrik Johansson

Número de artigo805.066.80

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente de taboleiro/ Mangos:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Soporte:
NOTRANS

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

ATENCIÓN! A montaxe débea realizar unha persoa adulta. Abre o paquete con extremo coidado: inclúe pezas pequenas que son perigosas para nenos menores de 3 anos.Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Medicións

  • diámetro: 25 cm

Embalaxe

UNDERHÅLLA

Número de artigo805.066.80
  • Ancho: 25 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 27 cm
  • Peso: 0.58 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
144Opinións
Reloxo educativo sobre escritorio con papelería e lámpada.

A diversión da aprendizaxe

Xogar é, por riba de todo, divertido, mais tamén é unha parte fundamental no desenvolvemento de toda crianza. Creamos UNDERHÅLLA para estimular unha aprendizaxe divertida e inspiradora. A serie conta con xoguetes de madeira pedagóxicos, tarxetas con letras e números... en resumo, cousas que xogan un papel importante nun mundo cada vez máis dixital.

"Si, é importante que as nenas e nenos teñan a oportunidade de xogar e aprender con distintos xogos e xoguetes, dá igual que estes sexan tradicionais ou dixitais. Porque aí está a diversidade e a liberdade da infancia", di Kristiina Kumpulainen. Kristiina é catedrática de Educación e directora científica do Centro de Aprendizaxe Lúdica da Universidade de Helsinki. Os seus estudos céntranse na aprendizaxe infantil e como o deseño afecta as capacidades de aprendizaxe dos e das máis pequenas.

Tarxetas para todas as idades

Cando deseñamos as tarxetas da serie UNDERHÅLLA, tivemos que achar o tamaño e o estilo exacto de letras e números, para as nenas e nenos as recoñeceren facilmente, independentemente da idade ou lugar de procedencia. Pedinlle consello a Kristiina Kumpulainen e díxome que crease tarxetas con símbolos familiares, como casas e corazóns. "Desa maneira incluímos tarxetas cun significado para todo o mundo, mesmo para as nenas e nenos que aínda non coñecen as letras. Os nenos son moi creativos e é bo que as cousas coas que xoguen non actúen como unha barreira, senón como un estímulo máis".

Xogar mellora as habilidades

Tarxetas, ábacos, reloxo e bloques de construción: todos os compoñentes da serie UNDERHÅLLA están pensados para xogar. "Sabemos que xogar é parte da natureza dun neno, pero mentres xogan practican habilidades sociais, emocionais e cognitivas e é unha forma de eles e elas xestionaren as súas emocións. Xogar é unha forma sa e rica de aprender que mellora o benestar", di Kristiina. E os xogos e xoguetes análogos abren un abano de posibilidades especial. As e os nenos poden xogar con eles en calquera momento e en calquera parte, xa que non requiren electricidade nin conexión a internet. Estupendo, non si?

Máis información

Material

Que é a madeira maciza?

A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.