Cando deseñamos as tarxetas da serie UNDERHÅLLA, tivemos que achar o tamaño e o estilo exacto de letras e números, para as nenas e nenos as recoñeceren facilmente, independentemente da idade ou lugar de procedencia. Pedinlle consello a Kristiina Kumpulainen e díxome que crease tarxetas con símbolos familiares, como casas e corazóns. "Desa maneira incluímos tarxetas cun significado para todo o mundo, mesmo para as nenas e nenos que aínda non coñecen as letras. Os nenos son moi creativos e é bo que as cousas coas que xoguen non actúen como unha barreira, senón como un estímulo máis".
UNDERHÅLLA Bloques construción madeira 50 p, multicolor
Como conseguilo
Estes 40 bloques de madeira maciza axudan ao teu fillo a aprender formas e cores de forma divertida e creativa. Cantas construcións será capaz de levantar e tirar o teu pequeno enxeñeiro?
Detalles do produto
O tamaño, a forma, a gravidade e o equilibrio son clave á hora de levantar unha construción, e a medida que o teu fillo vaia crecendo e aprendendo, as construcións e os xogos cos bloques de madeira serán cada vez máis complexos.
Unha casa ou un garaxe para o guindastre LILLABO? Xogar con pezas axuda ao teu fillo a desenvolver a motricidad, o pensamento lóxico e a imaxinación.
As pezas son aptas para nenos da partir de 18 meses. Son lixeiras, miden 3 cm de ancho (tamaño axeitado para collelas) e teñen os cantos redondeados. Ademais, sometéronse a probas estritas para garantir que son seguras.
Parte da serie UNDERHÅLLA: xoguetes educativos e clásicos que facilitan a aprendizaxe do alfabeto e o reloxo, a contar e a conexión entre formas e equilibrio.
IKEA of Sweden
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
Embalaxe
UNDERHÅLLA
Número de artigo005.066.84- Ancho: 13 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 23 cm
- Peso: 1.07 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

A diversión da aprendizaxe
Xogar é, por riba de todo, divertido, mais tamén é unha parte fundamental no desenvolvemento de toda crianza. Creamos UNDERHÅLLA para estimular unha aprendizaxe divertida e inspiradora. A serie conta con xoguetes de madeira pedagóxicos, tarxetas con letras e números... en resumo, cousas que xogan un papel importante nun mundo cada vez máis dixital.
"Si, é importante que as nenas e nenos teñan a oportunidade de xogar e aprender con distintos xogos e xoguetes, dá igual que estes sexan tradicionais ou dixitais. Porque aí está a diversidade e a liberdade da infancia", di Kristiina Kumpulainen. Kristiina é catedrática de Educación e directora científica do Centro de Aprendizaxe Lúdica da Universidade de Helsinki. Os seus estudos céntranse na aprendizaxe infantil e como o deseño afecta as capacidades de aprendizaxe dos e das máis pequenas.
Tarxetas para todas as idades
Xogar mellora as habilidades
Tarxetas, ábacos, reloxo e bloques de construción: todos os compoñentes da serie UNDERHÅLLA están pensados para xogar. "Sabemos que xogar é parte da natureza dun neno, pero mentres xogan practican habilidades sociais, emocionais e cognitivas e é unha forma de eles e elas xestionaren as súas emocións. Xogar é unha forma sa e rica de aprender que mellora o benestar", di Kristiina. E os xogos e xoguetes análogos abren un abano de posibilidades especial. As e os nenos poden xogar con eles en calquera momento e en calquera parte, xa que non requiren electricidade nin conexión a internet. Estupendo, non si?
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.





