Saltar

TVÅMASTAD Lámpada portátil LED

19,99€
As pilas recargables véndense por separado. A función de carga deste produto só funciona con pilas recargables. IKEA recomenda LADDA 2450 mAh HR06 AA 1,2 V. Son necesarias 4 unidades. O cable USB-C e o adaptador USB véndense á parte.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Esta pequena e elegante lámpada LED coa base de cor latón funciona a pilas e poderala levar contigo facilmente. O vidro esmerilado da pantalla deixa pasar unha luz agradable e acolledora.

Número de artigo605.977.80

Detalles do produto

Portátil e funciona con pilas: pódela colocar onde queiras, xa que non require cables nin conectores.

A pantalla de vidro crea unha luz difusa e decorativa.

A lámpada ten un porto para un cable USB-C, co que poderás cargar a batería facilmente.

A asa da lámpada permíteche levala facilmente contigo onde queiras.

Deseñador

Hanna Grann Dalrot

Número de artigo605.977.80

Información útil

As pilas recargables véndense por separado. A función de carga deste produto só funciona con pilas recargables. IKEA recomenda LADDA 2450 mAh HR06 AA 1,2 V. Son necesarias 4 unidades.

O cable USB-C e o adaptador USB véndense á parte.

Fonte de luz LED integrada que dura aproximadamente 25 000 horas.

Coa carga completa, o produto funcionará a pleno rendemento durante 20 horas.

Tonalidade da cor: branco cálido (2700 K).

Utiliza só pilas compatibles co produto. Non mestures pilas novas e vellas, nin pilas de marca e tipo distinto.

As pilas deben reciclarse conforme á normativa local de medio ambiente sobre xestión de residuos.

Só para empregar no interior.

Este produto tamén funciona sen pilas se lle conectas un cable USB-C.

Observa as marcas de polaridade máis (+) e menos (-) e introduce a pila en conformidade.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Antes de limpar o cargador, desconéctao da fonte de alimentación eléctrica.

Limpar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Mantén as pilas fóra do alcance de nenos e animais.Non deformes, danes, abras ou cortocircuítes as pilas.Non expor directamente ao calor, ao lume nin a ningún tipo de líquido.ATENCIÓN! No caso de inxerir unha pila o se sospeitas que foi inxerida, consulta ao médico axiña. Inxerir unha pila pode provocar danos graves e a morte.En caso de fuga na pila, asegúrate de que o líquido non entre en contacto cos ollos ou a pel. Se o líquido entra en contacto cos ollos ou a pel, aclara con auga abundante e consulta a un médico.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Fluxo luminoso: 55 lm
  • Altura: 32 cm
  • Temperatura da cor: 2700 K
  • Tempo de vida estimado: 25000 hr

Embalaxe

TVÅMASTAD

Número de artigo605.977.80
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 33 cm
  • Peso: 0.86 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
30Opinións

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando creei a lámpada LED portátil TVÅMASTAD inspireime nas follas recollidas e na forma acampanada e branca do lirio do val. A lámpada está feita con cores e materiais onde conflúen tradición clásica e modernidade, porque ademais de non ter cable, a lámpada incorpora unha barra que actúa como asa. O equilibrio entre estética e funcionalidade é obvio, xa que ademais de decorativa tamén emite unha luz moi agradable".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.