TRIXIG Xogo de ferramentas, 15 pezas
Como conseguilo
A serie TRIXIG inclúe todo o que un milmañas necesita: desde brocas a batería ata parafusos. Perfecta como complemento da túa caixa de ferramentas ou como regalo.
Detalles do produto
A ferramenta correcta facilita moito os traballos manuais e cada obxecto ten un espazo de seu na caixa.
Estas ferramentas inclúen empuñaduras de goma sintética de agarre cómodo e buracos nos cabos para que as poidas pendurar.
O material das empuñaduras das ferramentas está feito con polo menos un 50% de polipropileno reciclado.
O mazo inclúe un compoñente de goma independente que resulta moi útil á hora de montar mobles.
As caixas da serie TRIXIG son empillables e están feitas de polipropileno, 50% do cal, como mínimo, é reciclado.
Un obxecto imperdible en calquera caixa de ferramentas que podes combinar con outros obxectos da serie TRIXIG.
D Wahl/ A Andreevski/ C Asmussen/ K Shadley
Medicións
Opinións dos clientes
Form design process
David Wahl, Aleksandar Andreevski, Casper Asmussen e Karson Shadley
"A sinxeleza e a funcionalidade do deseño escandinavo foi o noso punto de partida cando creamos as eficientes e ergonómicas ferramentas eléctricas e manuais da serie TRIXIG. O noso foco na durabilidade, o peso e a comodidade de agarre facilitan o uso, mesmo en espazos reducidos e durante moito tempo. Teñen todo o necesario para sentíreste a salvo á hora de realizar tarefas de bricolaxe no fogar e, por suposto, para sentir orgullo dos resultados".