A serie TRIXIG inclúe todo o que un milmañas necesita: desde brocas a batería ata parafusos. Perfecta como complemento da túa caixa de ferramentas ou como regalo.
Detalles do produto
Só para uso doméstico, non para tomar medidas a nivel comercial nin profesional.
É bo ter sempre a man unha cinta métrica, porque cada milímetro importa.
Ergonómica e cunha carcasa con superficie de goma para mellor agarre mentres mides.
Cinta métrica de aceiro en carcasa de plástico ABS con superficie de goma para mellor agarre.
Medida exacta en milímetros e polgadas.
Fácil de medir con precisión, xa que a cinta métrica inclúe un gancho que podes colocar no bordo do que esteas medindo.
A cinta métrica inclúe un botón de bloqueo.
Un obxecto imperdible en calquera caixa de ferramentas que podes combinar con outros obxectos da serie TRIXIG.
D Wahl/ A Andreevski/ C Asmussen/ K Shadley
Medicións
- lonxitude: 3 m
Opinións dos clientes
Form design process
David Wahl, Aleksandar Andreevski, Casper Asmussen e Karson Shadley
"A sinxeleza e a funcionalidade do deseño escandinavo foi o noso punto de partida cando creamos as eficientes e ergonómicas ferramentas eléctricas e manuais da serie TRIXIG. O noso foco na durabilidade, o peso e a comodidade de agarre facilitan o uso, mesmo en espazos reducidos e durante moito tempo. Teñen todo o necesario para sentíreste a salvo á hora de realizar tarefas de bricolaxe no fogar e, por suposto, para sentir orgullo dos resultados".