Esta funda duradeira e resistente á auga axuda a estender a vida útil do parasol. Protexe o parasol da chuvia, o sol, a sucidade, o po e o pole. O cordel que hai na parte de abaixo garante que quede ben axustado.
Detalles do produto
A funda impermeable TOSTERÖ protexe o parasol da chuvia, o sol, a sucidade, o po e o pole cando non o uses.
Protexer o parasol cunha funda impermeable é un xeito sinxelo e eficaz de conservalo durante moito tempo nas mellores condicións.
IKEA of Sweden
Información útil
Asegúrate de que o parasol estea totalmente seco antes de poñerlle a funda.
A funda non é reversible. O lado brillante debe quedar sempre cara dentro, cara o parasol.
O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).
Esta funda mide 160 cm, cun diámetro máximo de 19 cm e un diámetro mínimo de 13 cm. Apta para parasoles LILLEÖ, TVETÖ, HÖGÖN (de pé), SAMSÖ e JOGGESÖ
Impermeabilidade: 10000 mm.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Mantemento
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
TOSTERÖ Funda p/parasol602.923.31Medicións
- lonxitude: 160 cm
- Máximo Ø: 19 cm
- Mínimo Ø: 13 cm
- Impermeabilidade: 10000 mm
Embalaxe
TOSTERÖ
Número de artigo602.923.31- Longo: 22 cm
- Peso: 0.21 kg
- Diámetro: 9 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.



