Esta funda duradeira e resistente á auga axuda a estender a vida útil do parasol. Protexe o parasol da chuvia, o sol, a sucidade, o po e o pole. O cordel que hai na parte de abaixo garante que quede ben axustado.
Detalles do produto
A funda impermeable TOSTERÖ protexe o parasol da chuvia, o sol, a sucidade, o po e o pole cando non o uses.
Protexer o parasol cunha funda impermeable é un xeito sinxelo e eficaz de conservalo durante moito tempo nas mellores condicións.
IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude: 160 cm
- Máximo Ø: 19 cm
- Mínimo Ø: 13 cm
- Impermeabilidade: 10000 mm
Opinións dos clientes
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.