Saltar

TIGERFINK Almacenaxe con compartimentos, turquesa

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Tes xoguetes e animais de peluche por todas partes? Velaquí unha solución de almacenaxe de gran capacidade que axuda o teu fillo a gardar as súas cousas facilmente despois de xogar e volver atopalas axiña.

Número de artigo805.124.69

Detalles do produto

Un almacenamento intelixente e simple que acumula os xoguetes dos cativos e os animais de peluche, ademais de facer que sexa doado ordenar nun instante, sobre todo se o facedes xuntos.

A parte superior da estrutura permíteche levar facilmente a solución de almacenaxe a outro cuarto. Despois de todo, os nenos queren estar canda ti.

Se queres crear unha sensación de calma, podes poñer a almacenaxe nunha esquina cos lados cubertos cara a fóra.

Os orificios dos laterais fan que sexa doado gardar e coller as túas cousas favoritas, mentres que o tecido de malla impide que caian.

É fácil ver o contido a través da tea de malla.

O peto da parte exterior é perfecto para pequenos tesouros ou debuxos.

Almacenaxe robusta e segura con esquinas redondeadas e sen bordos afiados.

O tecido está feito de poliéster (como mínimo, un 90 % deste é reciclado), un material duradeiro probado, aprobado e libre de substancias e aditivos prexudiciais.

A malla interior pódese quitar para lavala.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Deseñador

Johanna Jelinek

Número de artigo805.124.69

Información útil

Evita gardar cousas con bordos afiados, xa que poderían danar o tecido de malla.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Accesorio:
NOTRANS
Estrutura:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 4% como máximo.

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Altura: 82 cm
  • lonxitude: 52 cm
  • Ancho: 52 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

TIGERFINK

Número de artigo805.124.69
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 9 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 71 cm
  • Peso: 1.69 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 22 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 42 cm
  • Peso: 0.79 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
86Opinións
Sala de xogos infantís con almacenamento de xoguetes de malla azul TIGERFINK. Alberga peluches, libros e pequenos taburetes. Luminoso, organizado e acolledor.

Máis espazo para xogos

Con TIGERFINK, quixemos crear un sistema de almacenaxe intelixente e sinxelo que tragase os peluches e xoguetes dos nenos. Así poderán atopar e volver a gardar rapidamente os seus xoguetes favoritos cando queiran xogar ou cando lles toque ir para a cama. Pero TIGERFINK rematou sendo moito máis ca iso.

Almacenaxe. Unha palabriña que significa moito na maioría dos fogares, e para nós, no departamento infantil de IKEA. "Temos moitas boas solucións de almacenaxe na nosa gama", afirma a deseñadora Johanna Jelinek. "Pero vimos a necesidade de engadir algo máis lixeiro e flexible".

Almacenaxe para xogar

Xa dende o principio, Johanna e os seus compañeiros pensaron no uso de téxtiles. "Queriamos afastarnos dos tipos de almacenaxe máis comúns, como as caixas ríxidas, e crearmos algo que fose fácil de mover entre estancias diferentes. Podes quitarlle a tea de malla e lavala, e ten un tacto suave e agradable." Os buracos redondos dos laterais facilitan o acceso aos teus xoguetes favoritos. E se colocas o TIGERFINK nunha esquina, cos lados cubertos mirando cara á estancia, case non se ve o que hai dentro. "Creo que moitos pais coincidirán en que é agradable non ter que ver todos os xoguetes todo o tempo".

Unha cama para os amigos de peluche

Cando TIGERFINK pasou as probas de seguridade, o equipo convidou un grupo de nenos e nenas ao Laboratorio Infantil para asegurarse de que funcionase como o imaxinaran. "Os nenos son incribles. Axiña empezaron a meter e sacar xoguetes do TIGERFINK e a xogar na superficie plana da parte superior. Xusto como esperabamos". Pero tamén xurdiron novas ideas, cousas nas que Johanna e os seus compañeiros non repararan. "Un neno usou os tres niveis de almacenaxe diferentes como liteira para os peluches. E, por suposto, tamén é unha forma de utilizar o TIGERFINK".

Máis información

Funcionalidade

Máis espazo para xogos

TIGERFINK é un espazo sinxelo no que poderás gardar os bonecos de peluche e os xoguetes do teu fillo, moi cómodo e fácil de transportar. Aquí poderán encontrar e volver a gardar rapidamente os seus xoguetes favoritos cando queiran xogar ou cando lles toque ir para a cama. Porén, o TIGERFINK é moito máis ca iso. Convidamos un grupo de nenos para o probaren e acabou sendo parte dos seus xogos e un lugar onde deitaban os seus bonecos de peluche.

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A idea era crear un espazo sinxelo onde gardar os bonecos e xoguetes do teu fillo, moi cómodo e fácil de transportar. Agora sempre saberán onde encontrar e gardar os seus xoguetes favoritos. Porén, o TIGERFINK é moito máis ca iso. Convidamos un grupo de nenos para o probaren e acabou sendo parte do xogo, xa que o utilizaban para deitar os seus bonecos de peluche".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.