Como conseguilo
Unha banqueta auxiliar por se recibes xente na casa. As patas son pregables e apenas ocupan espazo. Se queres, pódela pendurar da parede.
Detalles do produto
Esta banqueta é perfecta para moitas cousas. Tanto ten que esteas a tomar un café, comendo ou lendo un libro, con ela terás un lugar cómodo e agradable onde acougar e descansar un intre.
O seu deseño pregable e compacto permíteche gardala e levala facilmente onde queiras. Perfecta para espazos exteriores pequenos ou cando necesites un lugar improvisado onde sentar.
A combinación de madeira de acacia e armazón de metal danlle á banqueta un aspecto moderno e elegante que podes complementar con outros mobles pregables da mesma familia, como cadeiras e mesas pregables.
Para prolongar a duración e conservar o aspecto natural da madeira, o moble foi tratado cunha capa de verniz para madeira semitransparente.
O deseño pregable permíteche recolocar rapidamente o teu espazo e transformar facilmente a contorna segundo as túas necesidades.
Esta banqueta é ideal se vas organizar unha xuntanza ou unha festa, xa que che ofrece un espazo adicional onde sentar sen sobrecargar a estancia.
Esta banqueta está deseñada para exteriores, ideal para balcóns, patios, xardíns ou calquera lugar onde necesites un sitio para sentar cómodo e elegante.
IKEA of Sweden
Información útil
Coordinable coa mesa TÄRNÖ.
Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Asento:
- NOTRANS, NOTRANS
- Pata/ Armazón do asento/ Traveseiro:
- NOTRANS, NOTRANS
- Pés:
- NOTRANS
Mantemento
Para prolongar a duración dos mobles de exterior de madeira, límpaos con regularidade, non os deixes ao aire libre máis do necesario sen protección e vernízaos de novo con frecuencia.
Limpar cunha suave solución xabonosa. Secar cun pano limpo e seco.
Mantemento. Para evitar que a superficie seque, fenda e penetre a humidade na madeira, recomendamos vernizar de novo os mobles con regularidade, por exemplo, unha ou dúas veces ao ano.
Garda o moble no interior nun lugar seco. Se o gardas no exterior, cúbreo cunha funda impermeable. Elimina o exceso de auga ou neve das superficies planas. Para evitar a condensación, asegúrate de que o aire circula.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
TÄRNÖ Tallo706.032.81Medicións
- Ancho: 30 cm
- fondo: 29 cm
- Altura: 42 cm
Embalaxe
TÄRNÖ
Número de artigo706.032.81- Ancho: 30 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 51 cm
- Peso: 2.40 kg
- Paquete(s): 1




